Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
miércoles, 9 de julio de 2014
Primeiras xornadas de montaña e aventura
En xullo, no centro cultural Parada Justel celebraremos as primeiras xornadas de montaña e aventura. Durante 3 días poderemos asistir gratuitamente a charlas-coloquios e á proxección de documentais:
XOVES 17 DE XULLO
Charla con CARLOS FERNANDEZ GONZÁLEZ
Proxección do documental: MONTAÑAS Y MI POR QUÉ…?
Horario: 20:30 – 21:30 horas
VENRES 18 DE XULLO
Charla con SECHU LÓPEZ, o vigués que ten no seu palmarés catro “oitomiles”.
Proxección do documental: ASCENSIÓN AL SHISMA PANGMA (un 8.000 en el Tibet)
Horario: 20:30 – 21:30 horas
SABADO 19 DE XULLO
Charla con MANOLO TAIBO
Proxección do documental: HORIZONTES ÁRTICOS (4 viajes a Laponia)
Horario: 19:30 – 20:30 horas
viernes, 20 de junio de 2014
Bloquear invitaciones a juegos en facebook
Usuarios de facebook nos comentan en la biblioteca que le molestan las continuas invitaciones a juegos, así que os mostramos un pequeño tutorial para dejar de recibirlas:
1. Abrir facebook y en la parte izquierda veremos la zona de aplicaciones y haremos clic en "juegos"
4. Al pulsar en la X nos da dos opciones: una para bloquear ese juego en concreto y otra para bloquear todas las invitaciones de esa persona. Elegiremos una de ellas y listo! No recibiremos más solicitudes!
1. Abrir facebook y en la parte izquierda veremos la zona de aplicaciones y haremos clic en "juegos"
2. Se mostrará el centro de aplicaciones y en la parte izquierda haremos clic en "Solicitudes" (marcado con un círculo rojo)
3. A continuación se mostrarán todas las solicitudes a juegos propuestas por nuestros amigos. Al lado de cada solicitud aparece un botón para jugar y otro con una X. Pulsaremos en la X para bloquear el juego y dejar de recibir invitaciones:
jueves, 19 de junio de 2014
Horario de verán
As piscinas municipais estarán abertas a partir do día 21 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h, e como ven sendo costume, o horario da biblioteca modificarase:
A partir do luns 23 de xuño a biblioteca estará aberta de 11 a 14 horas.
A partir do luns 23 de xuño a biblioteca estará aberta de 11 a 14 horas.
miércoles, 18 de junio de 2014
Entrega de diplomas do taller de memoria
Onte pola tarde o alcalde, a traballadora social e o profesor do curso entregaron os diplomas do taller de memoria e ximnasia.
martes, 17 de junio de 2014
Campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"
Instalarase un aula móbil dende a que diversos monitores darán a coñecer ós veciños o principio normativo dos tres erres: reducir a produción de lixo, reutilizar ao máximo os produtos ata esgotar a súa vida útil, e separar os refugallos por tipos de material para que poidan ser reciclados.
Tamén recordarán o contedor de destino de cada residuo e falarán das vantaxes, tanto ambientais como económicas, da compostaxe doméstica.
Os nenos tamén terán o seu espazo que virá a complementar e reforzar a formación dos escolares en materia de xestión de residuos urbanos.
- Lugar: Praza da Souteira
- Dia: 25 de xuño
- Horario: 10:00 – 14:00 h
miércoles, 11 de junio de 2014
Conto contigo, na biblioteca
Hoxe na biblioteca puidemos desfrutar do espectáculo de contacontos "conto contigo" dentro do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.
Unha das condicións deste programa é que as actividades deben levarse a cabo nas instalacións da biblioteca así que tivemos que mover mesas, estanterías.... pero mereceu a pena: asistiron 20 nenos e nenas e tanto eles como os pais/nais, quedaron moi contentos.
lunes, 2 de junio de 2014
Contacontos na biblioteca
Os nenos e nenas de entre 4 e 11 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ó espectáculo de contacontos "Conto Contigo", o vindeiro mércores 11 de xuño ás 18:30 horas, enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
martes, 13 de mayo de 2014
Dia das Letras Galegas e Dia de Internet
O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas e o homenaxeado deste 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Este mesmo día tamén se celebra o Dia de Internet, así que para celebralo, na biblioteca temos preparadas varias actividades para esta semana.
Tomando como base o logo do dia de internet faremos unha "rede das palabras": cada un/unha dos usuarios da biblioteca escribirá nunha das flechas a palabra en galego que queira, pode ser unha que lle guste, unha que escolla do diccionario, etc.
Tamén leeremos algunhos poemas de Xosé María Díaz Castro e teremos un taller de poesía infantil en galego.
Tomando como base o logo do dia de internet faremos unha "rede das palabras": cada un/unha dos usuarios da biblioteca escribirá nunha das flechas a palabra en galego que queira, pode ser unha que lle guste, unha que escolla do diccionario, etc.
Tamén leeremos algunhos poemas de Xosé María Díaz Castro e teremos un taller de poesía infantil en galego.
viernes, 9 de mayo de 2014
Clases de baile de salón
A asociación de mulleres "Os Picotiños" está a impartir un curso de bailes de salón os sábados pola tarde.
jueves, 8 de mayo de 2014
Chala sobre "normas e límites, educación en positivo"
Hoxe puidemos asistir en Esgos a unha moi interesante charla sobre "normas e límites, educación positiva" impartida pola Asociación Xarela dentro do programa de apoio ás familias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








