Instalarase un aula móbil dende a que diversos monitores darán a coñecer ós veciños o principio normativo dos tres erres: reducir a produción de lixo, reutilizar ao máximo os produtos ata esgotar a súa vida útil, e separar os refugallos por tipos de material para que poidan ser reciclados.
Tamén recordarán o contedor de destino de cada residuo e falarán das vantaxes, tanto ambientais como económicas, da compostaxe doméstica.
Os nenos tamén terán o seu espazo que virá a complementar e reforzar a formación dos escolares en materia de xestión de residuos urbanos.
- Lugar: Praza da Souteira
- Dia: 25 de xuño
- Horario: 10:00 – 14:00 h
No hay comentarios:
Publicar un comentario