12 mozos da Bretaña francesa e 12 Galegos, de entre 14 e 17 anos, convivirán durante 9 dias no concello de Parada de Sil. Unha experiencia internacional nunha paraxe como é a Ribeira Sacra, para descubrir a identidade cultural e a riqueza da tradición local. Trátase dun encontro que se encadra no Programa Erasmus+.
- Lugar: concello de Parada de Sil
- Data: do 22 ao 30 de agosto de 2014
- Condicións: rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos
- Prezo: 150€ todo incluido
- Actividades que se realizarán: kayaks, sendeirismo, visitas culturais, xogos tradicionais, proxecto de radio, escavacións arqueolóxicas e xogos na natureza.
Máis información e inscricións no teléfono 696481987 e no correo inscripciones@afabricadaluz.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario