- Dirixido a: mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade, ambos inclusive, residentes en Galicia.
- Condicións: Cada mozo poderá presentar dúas obras orixinais, inéditas e en galego, en formato vertical cunhas dimensións de 50x70 centímetros e montadas en superficie ríxida. A técnica será libre e as propostas deberán incluír obrigatoriamente a imaxe LIBRE e o texto ‘LIBRE, libre de alcol, libre de preocupacións’. Admitiranse traballos tanto de forma individual como en grupo.
- Premio: O gañador recibirá como premio un ipod e será membro do xurado do certame de creadores novos ‘Xuventude Crea 2014’, na especialidade de carteis.
- Prazo de presentación: ata o 14 de maio.
- Máis información: no portal xuventude.xunta.es, onde ademais das bases do concurso se pode atopar a imaxe LIBRE.
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
lunes, 7 de abril de 2014
Concurso de carteis da campaña LIBRE 2014.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar o concurso para a elaboración do cartel da campaña ‘LIBRE 2014’. O obxectivo desta campaña é o fomento da condución segura e responsable entre a xuventude.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario