Está aberta xa a terceira convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do router wifi, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.
As persoas interesadas na contratación deste servizo poden facelo a través de calquera das empresas acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia.
O prazo para a solicitude das axudas comeza mañá e rematará o día 30 de agosto.
Toda a información pode consultarse no DOG
No hay comentarios:
Publicar un comentario