Onte coñecemos os descubrimentos de Isaac Newton e as obras de Jules Verne e aprendemos sobre as naves espaciais, a gravitación, a inercia... da man de Ciencia en Ruta no "obradoiro de foguetes" dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito.
Tamén construimos foguetes e os lanzamos na praza da Souteira
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
martes, 19 de junio de 2018
martes, 12 de junio de 2018
Campamento de verán
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán.
MODALIDADES
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello.
HORARIO:
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS:
- Quincena do 2 ao 13 de xullo
- Quincena do 16 ao 27 de xullo
- Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Quincena do 13 ao 24 de agosto
Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas, indicando a orde de preferencia.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.
PRAZO DE SOLICITUDE:
Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 26 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos
PREZOS:
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos: 10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por quincena. Contémplase un desconto do 20% para familias numerosas.
PAGAMENTO:
Entre o 26 e o 29 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados
viernes, 8 de junio de 2018
Obradoiro de foguetes
¿Queres saber como funcionan os foguetes? ¿Queres coñecer a Jules Verne? ¿Queres construir un auténtico foguete?
Pois si tes entre 6 e 12 anos agardámoste o luns 18 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca para participar nun Obradoiro de foguetes.
Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
miércoles, 6 de junio de 2018
Dias de traballo de campo
A biblioteca estará pechada dende hoxe mércores ata o venres, ambos incluídos, polos preparativos da andaina.
O luns volveremos abrir no horario habitual.
Desculpen as molestias.
O luns volveremos abrir no horario habitual.
Desculpen as molestias.
miércoles, 16 de mayo de 2018
Actividades das Letras Galegas
Esta semana adicámola as Letras Galegas con varias actividades:
O luns prantamos unha árbore na praza do Afiador e ainda que asistíu pouca xente, a árbore quedou ben prantada e desfrutamos dunha merenda.
O martes na biblioteca fixemos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego de María Victoria Moreno.
O luns prantamos unha árbore na praza do Afiador e ainda que asistíu pouca xente, a árbore quedou ben prantada e desfrutamos dunha merenda.
O martes na biblioteca fixemos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego de María Victoria Moreno.
lunes, 14 de mayo de 2018
martes, 8 de mayo de 2018
Dia das Letras Galegas 2018
O 17 de maio celébrase o Dia das Letras Galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno, pero na biblioteca ímolo festexar o luns 14 de maio con varias actividades:
- Papiroflexia: faremos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego da autora.
- Prantación dunha árbore
- Merenda á cargo dos asistentes
Luns 14 de maio ás 18:00 horas na Praza do afiador (Esgos)
Na biblioteca podedes atopar varias obras de María Victoria que se poden consultar no Catálogo da biblioteca
jueves, 26 de abril de 2018
Campaña Verán 2018
Xuventude galega, xa está aquí o programa de Acción de Verán: Campamentos, actividades, campos de traballo.
Máis información en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
Máis información en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
lunes, 23 de abril de 2018
Celebramos o dia do libro
Empezamos a semana celebrando o dia do libro cun sorte de libros e pequenos agasallos. Só tedes que lanzar os dados e a sorte decidirá si vos tocou un libro de ciencia, en galego, comic... e o premio (chocolates, patatas fritas, gominolas...)
Ainda estades a tempo de participar ata que se agoten as existencias!
Ainda estades a tempo de participar ata que se agoten as existencias!
martes, 17 de abril de 2018
Preparativos do dia do libro
Para celebrar o dia do libro (23 de abril) propoñémosvos unha actividade na que influirá a "sorte" e que chamaremos "Ler ten premio, lanza os dados" (De momento non vos imos dicir máis)
Durante estes dias previos construiremos na biblioteca coa axuda dos nenos todo o material necesario para o "sorteo" que celebraremos o luns 23 entre as 18:00 e as 19:00 horas.
Durante estes dias previos construiremos na biblioteca coa axuda dos nenos todo o material necesario para o "sorteo" que celebraremos o luns 23 entre as 18:00 e as 19:00 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






