viernes, 31 de enero de 2014

O xornal "La Región" adica hoxe unha reportaxe á asociación de mulleres "Os Picotiños".

 

viernes, 17 de enero de 2014

Curso de Ioga-Pilates e bailes de salón


A Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños comeza as actividades do 2014 con dous cursos:

CURSO DE IOGA-PILATES
(Ximnasia Relaxada - Movemento do teu corpo)
  • Data de comezo: Luns 3 de febreiro
  • Horario e lugar:
    • LUNS: 17:30 horas – LOCAL SOCIAL  ESGOS (Praza da Souteira)
    • MÉRCORES: 18:30 horas – LOCAL SOCIAL O PINTO
  • Prezo: Esta actividade é gratuita para as mulleres da asociación.
(Os horarios poden ser modificados durante o tempo que dure o curso)

CURSO DE BAILES DE SALÓN 
(Iniciación)
  • Data de comezo: Sábado 15 de Marzo
  • Horario e lugar: 19:30 horas no Centro cultural Parada Justel (Esgos)
  • Prezo: Esta é unha actividade aberta a homes e mulleres do Concello e ten un custe de 5€ por parella.

miércoles, 15 de enero de 2014

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos.
  • Dia: Venres 31 de xaneiro
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

martes, 7 de enero de 2014

Visita dos Reis Magos

O pasado sábado pola tarde os Reis Magos de Oriente visitaron Esgos para facerlle entrega ós nenos dunhos caramelos e aproveitando a sua visita, entregaron os premios do concurso de postais.

Tamén visitaron as persoas da residencia de maiores

As fotos poden verse na galeria fotográfica da páxina do concello.

lunes, 30 de diciembre de 2013

Cine de Nadal

Dentro das actividades de Nadal, hoxe tivemos unha tarde de cine. Estivemos no centro cultural Parada Justel vendo unha película e desfrutando dunhos flocos de millo.

viernes, 27 de diciembre de 2013

Pazolandia

Un ano mais, nas actividades do Nadal non podía faltar Pazolandia. Así que hoxe pasamos a mañá neste parque de atraccions.


lunes, 23 de diciembre de 2013

Manualidades de Nadal

Para adornar a casa estivemos facendo estrelas de plastilina con purpurina,



Bolas de cartón e papel de cores,


Tamén nos fixemos fotos nun estupendo mural que nos preparou Bea (moitas grazas)





Esperamos que vos gustara. Bo Nadal!

domingo, 22 de diciembre de 2013

Bo nadal

Por mor das actividades que temos preparadas para os nenos e as festas do Nadal, a biblioteca estará pechada ó público ata o martes 7 de xaneiro.

Bo Nadal e feliz ano novo!

lunes, 16 de diciembre de 2013

O Nadal na biblioteca

Na biblioteca están os nenos debuxando un portal de Belén entre todos. Aínda faltan moitas figuras, pero de momento está quedando así:


Para estes dias, o Concello organiza varias actividades para os mais pequenos:

  • Concerto de Nadal

O domingo 22 ás 18:00 horas actuarán no Centro Cultural Parada Justel a Coral Camerata Auriense e a escola de gaita e a Banda de gaitas do Concello de Esgos

  • XIV Concurso de postais 

Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. Todos os participantes terán un agasallo. O prazo para presentar as postais remata o 2 de xaneiro.

  • Manualidades do Nadal 

O luns 23 de decembro no local social de Esgos ás 17:30 horas.

  • Pazolandia 
 Venres 27 de decembro pola mañá Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 24 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados

  • Cine infantil 

O luns 30 de decembro no Centro Cultural Parada Justel ás 17:30 horas.

  • Visita dos Reis Magos 

Sábado 4 de xaneiro ás 16.30 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis Magos entregarán os premios do XIV Concurso de Postais