miércoles, 29 de mayo de 2013

Proxecto de voluntariado

Dende o concello estamos intentando poñer en marcha un proxecto de voluntariado do Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinado a mozos de entre 16 e 30 anos. O proxecto enmarcarase dentro das accións ambientais, aínda que se admiten suxerencias e levaríase a cabo durante un mes do verán.

Cada voluntariado contará con 6 euros por xornada, en concepto de transporte e manutención.

Os participantes recibirán ó finalizar unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/ ou  no DOG

jueves, 16 de mayo de 2013

Dia das letras galegas

Cada 17 de maio, Galicia homenaxea a un autor, este ano a Roberto Vidal Bolaño, para honrar así á nosa lingua.

Na biblioteca podedes atopar varias obras de Roberto Vidal Bolaño como:

  • Bailadela da morte ditosa (sete baileretadas de amor e unha de morte)
  • Cochos: relatorio valeroso en dous tempos, un prólogo, e un epílogo, para porca e actor en cativerio 
  • Saxo tenor 

Todos os que acudan hoxe á biblioteca e consulten ou leven en préstamo un libro en galego, recibirán outro libro en galego a modo de agasallo.

lunes, 13 de mayo de 2013

Rallye de clásicos e Rallye de antiguos


O sábado 8 de xuño ás 19:00 horas, circularán por Esgos os vehículos do XIX Rallye de Clásicos e do X Rallye de Antiguos de Ourense.

Os vehículos tomarán a saída na fonte de Pazos, en Esgos e pasarán pola Souteira, Cima de Vila, Chaveiro e Camiño vello para despois continuar pola estrada ata o cruce de Lampazas. Subirán cara a zona da canteira e baixarán a Regueiro para voltar a Esgos pasando pola cruz da Lama e a Parrocha.


Por seguridade procederase ó corte das rúas polas que discurre a caravana de vehículos entre as 18:30 e as 19:15 horas do sábado 8 de xuño



viernes, 3 de mayo de 2013

Clases de pilates

A partir do luns 13 de maio, durante os meses de maio e xuño, dentro das actividades da Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños", impartiranse clases de pilates:

Os luns no local social de O Pinto e os xoves no local social de Esgos, de 20:15 a 21:30 horas.

Xa sabes... anímante e participa!

miércoles, 3 de abril de 2013

Acción verán 2013

Xa está aberto o prazo para que os mozos e mozas podan inscribirse na Campaña de Verán 2013, e pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas.

Toda a información pode consultarse en: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

jueves, 21 de marzo de 2013

Xuntanza de mulleres

O próximo día 13 de abril terá lugar unha xuntanza de mulleres que organiza a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", co fin de festexar o dia da Muller Traballadora.

As interesadas deberán anotarse antes do mércores 10 de abril no concello, na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.

Informarase das actividades para os vindeiros meses e haberá un pequeno agasallo para todas as asistentes.

  • Data: sábado 13 de abril
  • Hora: 22:00 h.
  • Local: Restaurante Casa Sacra (O Pinto - Esgos)
  • Prezo: 15 € as socias e 20 € as non socias.
¡¡¡Pasaremos un bo rato xuntas!!!

martes, 19 de marzo de 2013

Dia do pai

Hoxe, polo día do pai, os nenos que acudiron á biblioteca colorearon adornos para colocar na porta das súas casas, nos que se podía ler que "nesta casa vive o mellor papá do mundo"


Esperemos que ós papás lle guste!!

martes, 5 de marzo de 2013

Dilema

Esta semana propoñemos ademáis da actividade do inxenio, un pequeno dilema:

«Un padre y un hijo sufrieron un grave accidente, el padre murió y el hijo resulto malherido. Fue trasladado a un hospital para operarle, pero el cirujano al verle comento: ¡no le puedo operar, es mi hijo!»

¿Xa tés a solución? É fácil, pero ¿foi a primeira solución que se che pasou pola cabeza? ¿A que da que pensar?

Si non se che ocurre nada, dámosche unha pista: o venres 8 de marzo é o día da muller.

Solución: El cirujano es la madre.