jueves, 21 de marzo de 2013

Xuntanza de mulleres

O próximo día 13 de abril terá lugar unha xuntanza de mulleres que organiza a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", co fin de festexar o dia da Muller Traballadora.

As interesadas deberán anotarse antes do mércores 10 de abril no concello, na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.

Informarase das actividades para os vindeiros meses e haberá un pequeno agasallo para todas as asistentes.

  • Data: sábado 13 de abril
  • Hora: 22:00 h.
  • Local: Restaurante Casa Sacra (O Pinto - Esgos)
  • Prezo: 15 € as socias e 20 € as non socias.
¡¡¡Pasaremos un bo rato xuntas!!!

martes, 19 de marzo de 2013

Dia do pai

Hoxe, polo día do pai, os nenos que acudiron á biblioteca colorearon adornos para colocar na porta das súas casas, nos que se podía ler que "nesta casa vive o mellor papá do mundo"


Esperemos que ós papás lle guste!!

martes, 5 de marzo de 2013

Dilema

Esta semana propoñemos ademáis da actividade do inxenio, un pequeno dilema:

«Un padre y un hijo sufrieron un grave accidente, el padre murió y el hijo resulto malherido. Fue trasladado a un hospital para operarle, pero el cirujano al verle comento: ¡no le puedo operar, es mi hijo!»

¿Xa tés a solución? É fácil, pero ¿foi a primeira solución que se che pasou pola cabeza? ¿A que da que pensar?

Si non se che ocurre nada, dámosche unha pista: o venres 8 de marzo é o día da muller.

Solución: El cirujano es la madre. 

viernes, 1 de marzo de 2013

Ioga da risa


A risa aporta múltiples beneficios: Rexuvenece, elimina o estrés, as tensións, a ansiedade, a depresión, o colesterol, adelgaza, alivia a dor...
Ofrecemos un espazo onde os participantes poden desfrutar do instante presente, conectándose coa emoción e co neno que aínda somos: libre, espontáneo e creativo.

• DÍA: OS MARTES
• LUGAR: LOCAL SOCIAL LOBACES
• HORARIO: 16.00 A 17.15 h.
• DESTINATARIOS: Tódalas persoas interesadas na actividade.

Esta actividade comeza o martes 5 de marzo.
Máis información na casa do Concello.

miércoles, 27 de febrero de 2013

Inxenio

O mes de marzo será o mes do inxenio na biblioteca municipal. Cada semana propoñeremos un ou varios "problemas de lóxica, rompecabezas, etc". ¿Atréveste a resolvelos?


O primeiro será o seguinte:

¿Saberías reproducir este barco con estas figuras do tamgram?



martes, 26 de febrero de 2013

Educamobil


O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Venres 8 de marzo
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

lunes, 25 de febrero de 2013

Mapa de altitude

Navegando por internet atopamos esta páxina na que se pode consultar a altitude dos pobos ou cidades.


O seu funcionamento é semellante ó de google maps, así que só tes que poñer a dirección buscada e pulsar en find. Por baixo do mapa mostrarache a altitude e tamén as coordenadas.



Segundo esta web, Xaravedra é o pobo máis alto do concello, con 825,719 m, seguido moi de preto por Arcos, con 824,143 m.

lunes, 11 de febrero de 2013

Fotos e premios do entroido

No facebook do concello e na galería fotográfica da web do concello de Esgos xa se poden ver as fotos do entroido.

Este ano os premiados foron:

Premios Individuais: 
 1º individual 40 € 

 2º individual 20 € 


 1º individual Infantil 40 € 

 2º individual Infantil 20 € 


Premio especial carrozas e grupos numerosos: 
1º clasificado 100 € + Xamón

2º clasificado 80 € + Cachucha

3º clasificado 70 € + Lacón


Mellor grupo reducido 50 €


Premio especial para os felos: 100 € e un cabrito (recolle o premio o presidente dos felos)


jueves, 7 de febrero de 2013

Ahora + que nunca


Cruz Roja Galicia ha puesto en marcha el nuevo espacio solidario “Ahora + que nunca” con el objetivo de ayudar a las personas afectadas por la crisis. 
Os invitamos a descubrirlo en www.agoramaisquenunca.org y a seguir las novedades a través de facebook.com/AgoraMaisQueNunca 

En esta web se presentan dos vías principales para participar: 

  • Haciendo aportaciones económicas para financiar proyectos concretos, denominados RETOS, con una persona detrás que necesita algo que mejorará su calidad de vida. 
  • Aportando cosas que alguien necesita y que otras personas tienen pero que no utilizan, son NECESIDADES.

lunes, 21 de enero de 2013

Entroido 2013

Domingo 10 de febreiro ás 17:00 h. Praza da Souteira (Esgos)

Premios Individuais:
 1º individual 40 €
 2º individual 20 €
 1º individual Infantil 40 €
 2º individual Infantil 20 €

Premio especial carrozas e grupos numerosos: 
1º clasificado 100 € + Xamón
2º clasificado 80 € + Cachucha
3º clasificado 70 € + Lacón
4º clasificado 60 €
Mellor grupo reducido 50 €