lunes, 23 de mayo de 2011

Entrega de diplomas do taller de memoria

O pasado xoves rematou o "Taller de memoria" que se ven impartindo no concello con moito éxito dende fai varios anos.

Silvia (traballadora social), Pedro (psicólogo encargado do taller) e Camilo (concelleiro) foron os encargados de entregar os diplomas ós asistentes a este taller.


Aproveitouse tamén este acto para mostrar fotos dos alumnos nos distintos talleres.

miércoles, 11 de mayo de 2011

V Andaina e carreira do concello de Esgos


O domingo 12 de xuño terá lugar a "V Andaina de Esgos" e "V Carreira de montaña subida Rocas - O Eirado".
  • O recorrido da carreira (campionato galego de montaña) é o mesmo de anos anteriores (14 km aprox.)
  • A andaina (20 km aprox.) deste ano varía o seu recorrido para visitar por primeira vez os pobos de Tarreirigo, Vilar, Lobaces, Gomariz e a Cernada.
Máis información en www.concelloesgos.com

martes, 10 de mayo de 2011

Letras galegas 2011

O 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" este ano adicado a Lois Pereiro.

En www.diadasletrasgalegas.com podedes ler toda a información sobre a vida e obra deste poeta.

Na biblioteca contamos con dous libros deste autor:
  • Poemas 1981/1991
  • Obra completa [Edición bilingüe]

miércoles, 4 de mayo de 2011

Obradoiro "Sacando as redes da pantalla"

O pasado venres 12 mozos e mozas do concello de entre 14 e 17 anos participaron no obradoiro “Sacando as redes da pantalla” do 'Quérote', que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas redes sociais.

Os participantes simularon sen ordenadores o funcionamento do Tuenti, rede social que usan habitualmente, para que así se parasen a pensar nos usos que fan destas redes (a quen aceptamos como amigo, que información publicamos no muro, que fotos publicamos, que implicacións pode ter compartir certa información ou certas fotos, a que grupos nos unimos, etc.)

Tamén se aproveitou a ocasión para informalos dos servizos que ofrece "Quérote" para a xuventude.

lunes, 11 de abril de 2011

Dia do libro

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro e para celebralo entre o 18 e o 20 de abril regalaremos un libro a todos os que acudan á biblioteca.

Coincidindo coas vacacións de Semana Santa o martes día 19, realizaremos tamén un taller de manualidades na biblioteca, no que os nenos poderán crear o seu propio marcapáxinas cos seus debuxos favoritos.

jueves, 7 de abril de 2011

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL volve a visitar o concello, para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: luns 25 de abril
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

lunes, 4 de abril de 2011

"Sacando as redes da pantalla"

“Sacando as redes da pantalla” é un obradoiro do 'Quérote Máis' dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 16 anos, que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas novas tecnoloxías.

A percepción dos adolescentes é de que hai un baixo risco no uso das novas tecnoloxías, o que fai non se paren moito a pensar nos usos que fan das redes sociais (Facebook, tuenti...), nas implicacións que pode ter compartir certa información, no acceso á información pouco axeitada ou de fontes pouco fiables que non saben como manexar...

Neste obradoiro, os participantes emularán o funcionamento das redes sociais de internet que eles empregan habitualmente. Deste xeito analizarase a maneira que teñen de establecer relacións nas redes sacándoas do seu contexto virtual e traéndoas ao real.

  • Lugar: Biblioteca Munipal de Esgos
  • Data: venres 29 de abril
  • Hora: 18.00 horas

Para que o obradoiro se poda levar a cabo necesitamos un mínimo de participantes, así que todos os que queiran participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

lunes, 28 de marzo de 2011

Aerobic

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de aerobic que se impartirá os martes e xoves de 21 a 22 horas no local social de Vilar.

Comezará o martes 5 de abril e rematará o xoves 30 de xuño.

Si estás interesada, acode.

Curso de arte floral

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de arte floral que se impartirá os sábados no local social de Esgos.

Comezará o sábado 2 de abril e rematará o 4 de xuño.

Horario: Sábados de 16.30 a 18:30 horas

martes, 22 de marzo de 2011

Acción de Verán 2011

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2011, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, dirixido a todos aqueles mozos e mozas de entre 9 e 35 anos que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado.
  • Dos 9 aos 17 anos: Campamentos en toda a comunidade.
  • Dos 18 aos 35 anos: Aventura e deporte, multiaventura, rutas de kaiak, ruta embarcacións tradicionais, navegación en barco pesqueiro e fins de semana nas illas Cíes.