lunes, 21 de octubre de 2019

Samaín 2019



🎃🎃 O xoves 31 de outubro celebraremos un ano máis o SAMAIN cos nenos e nenas, cun percorrido polas casas dos veciños. 🎃🎃

Para participar é imprescindible:
1. Inscribir aos nenos e nenas na biblioteca antes do luns 28
2. Colaborar coa organización ou con algún dos veciños que nos abren as súas casas.

martes, 15 de octubre de 2019

Educación positiva

Obradoiro gratuito para pais e nais: EDUCACIÓN POSITIVA.



Xoves 24 de outubro, de 17:30 a 19:00h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos)
Imparte Xarela Formacion Animacion

jueves, 3 de octubre de 2019

Curso de gaita e percusión



O vindeiro sábado 5 de outubro ás 16:00 horas terá lugar a presentación do curso 2019/2020 de gaita e percusión, no local de ensaio situado na Praza da Souteira (Esgos)

As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas.

martes, 1 de octubre de 2019

Libros de lectura obrigatoria ESO

Están a chegar á biblioteca os listados dos libros de lectura que vos piden no instituto aos rapaces e rapazas da ESO e témolos casi todos. 

Moitos xa facedes uso deste servizo dende fai anos, así que só é un recordatorio. 

Eiquí tedes unha pequena mostra:




miércoles, 18 de septiembre de 2019

Descontos en libros e material escolar con carné xove

Os galegos e galegas que teñan o carné xove poderán acceder a descontos en material escolar e libros agora que comeza o curso escolar.

As rebaixas de prezo (5% en libros e 10 % en material escolar e papelería) aplicaranse nas 150 librarías adheridas.

Pódense consultar as librarias adheridas no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17513-descontos-co-carne-xove-en-libros-e-material-escolar?fbclid=IwAR3KdrsjIYFjeHGaz7QdPlbY_CPZeKoCVvfjzw6Yk_iKh_sC6ZFULkg0NfA

Se ainda non tés o carné xove a que estás esperando?? Nas oficinas municipais podes solicitar o teu.

martes, 17 de septiembre de 2019

Excursión a Pena Aventura Park (Portugal)



El Ayuntamiento de Esgos organiza para el domingo 20 de octubre una excursión al parque de aventuras "Pena Aventura Park" en Portugal para chicos y chicas mayores de 18 años.

Disfrutarán de 4 actividades:

  • Fantasticable: consiste en un cable de 1538m a una altura de 150m, que conecta los lugares de Lamelas y Bustelo, donde las personas pueden "volar" en él a una velocidad máxima de 130 km / h, ¡considerado uno de los Fantasticable más grandes del mundo!
  • Salto negativo: es una actividad contraria al puenting. Atado de los pies te proyectará verticalmente a 15 metros en 1 segundo.
  • Alpine Coaster: coches estilo tobogán que vuelan cuesta abajo durante unos 700 metros de curvas, contra curvas y bucles horizontales.
  • Percurso aventura: Los caminos de aventura son una actividad que ofrece la posibilidad de navegar por un circuito de altas habilidades (en forma de puentes colgantes), que se integran con la naturaleza en lugares hasta ahora inaccesibles (nivel de copa de árbol).


El precio, de 40€ por persoa incluye el transporte en autobús e las actividades, pero no incluye la comida.

Reserva de plazas en la biblioteca municipal antes del 4 de octubre.

martes, 10 de septiembre de 2019

Obradoiro "Redes sociais e adolescencia"


Dirixido a adolescentes e familias. Totalmente gratuito. Apúntate na biblioteca para asistir.

  • Data: Luns 16 e martes 24 de setembro
  • Hora: 17:30h 
  • Lugar: Centro Cultural Parada Justel (Esgos)
-------------------------------------------

A sesión do martes 24 cámbiase para o luns 23 á mesma hora.

lunes, 9 de septiembre de 2019

Volta á rutina

O martes 10 de setembro a biblioteca volverá a abrir pola tarde:de luns a venres de 17:15 a 20:15 horas.


Agardámosvos!

miércoles, 21 de agosto de 2019

martes, 13 de agosto de 2019

Micromachista eu?


Obradoiro sobre violencia de xénero na biblioteca. Dirixido á mocidade e adultos.



Martes 20 de agosto ás 11:30 horas.