martes, 13 de agosto de 2019

Micromachista eu?


Obradoiro sobre violencia de xénero na biblioteca. Dirixido á mocidade e adultos.



Martes 20 de agosto ás 11:30 horas.

lunes, 5 de agosto de 2019

XXI Feira Agroambiental do Pinto


O sábado 10 de agosto celebrarase a XX edición da Feira Agro Ambiental do Pinto.


Como é costume, os asistentes poderán desfrutar da degustación de callos.

viernes, 2 de agosto de 2019

Programa das festas de Esgos 2019


  • XOVES 22

11:00 h. Inclables e festa das espuma subvencionado pola Deputación Ourense
20:00 h. Pregón das festas pola actriz ISABEL BLANCO. Festa do Emigrante e XIII Festa do arroz con leite amenizada pola charanga “Terras de Trives”


  • VENRES 23

11:00 h. Concurso de debuxo infantil na Paza do “Miguel Chisco”.
17:30 h. Campionato de natación nas piscinas municipais.
20:00 h. Partido infantil  de fútbol na chanca das piscinas.
       Festival Rock “Home do Unto”:
19.00 h.  Carlos Quintas no bar Camiño Real.
20:00 h. k-rock-z no Bar Ondo Chema.
22.30 h. na Praza da Souteira:
Agoraphobia; Acidproyect; Malheika; dj Lozano.
Coa colaboración da Deputación de Ourense e comisión de festas


  • SABADO 24

10:00 h Pasarrúas amenizado polos Gaiteiros da Banda de Gaitas de Esgos
11:00 h Campionato Xinkana ciclista infantil na praza da souteira
17:00 h Campionato de Pin-Pon no bar Camiño Real
18:00 h Campionato de diana no bar Ondo Chema.
18:30 h Inchables gratis
19:30 h Olimpiadas Rurais con saída da Paza da Souteira.
00:30 h- Verbena amenizada pola Orquestra TRIUNFO


  • DOMINGO 25

12:30 h Misa solemne e procesión, coa actuación da Coral Albricias de Maceda.
13:30 h Sesión Vermout amenizada polo grupo “OS DO FUELLE”.
15:30 h Campionato de cartas no bar Camiño Real.
17:00 h Campionato de Futbolín no Bar Ondo Chema.
18:00 h Obradoiro e esptectáculo de maxia, subvencionado pola Deputación de Ourense.
18:30 h Trofeo festas Esgos: C.D. ROCAS vs. Invitado (no campo do C.D. ROCAS)
19:30 h- Final campionato de futbollín no bar Onda o Chema
20:00 h- Festa amenizada pola Orquestra NEVADA


  • LUNS 26

10:00 Pasarrúas amenizado polos gaiteiros AIRIÑOS DE CALDELAS.
12:00 Procesión e misa solemne cantada pola coral “Camerata Auriense”
17:00 Globoflexia e espectáculo de maxia, subvencionado pola Deputación de Ourense.
19:00 Guerra do pastel cortesía de CONFITERÍA MILHOJAS.
20:30 Entrega de Premios, antes do comezo da festa
21:30 Festa e Verbena amenizada pola Orquesta LA OCA BAND
03:00 Chocolatada e bica a cargo da Comisión de Festas

jueves, 1 de agosto de 2019

Contando en feminino

O martes 6 de agosto ás 11:00h na biblioteca de Esgos os nenos e nenas poderán asistir ao contacontos "Contando en feminino" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.


lunes, 22 de julio de 2019

Unha árbore vén a vernos...

Nenos e nenas asistirion hoxe a un espectáculo de animación á lectura moi divertido: 
"Unha árbore ven a vernos" (contos para abrazar ás árbores).

Antón apareceu disfrazado de árbore para contarnos as súas historias e ata trouzo unha gaita feita dunha árbore que mercou fai moitos anos nun vivero do noso concello.


Esta actividade está enmarcada no programa Ler conta moito da Consellería de Cultura.

martes, 16 de julio de 2019

"Unha árbore ven a vernos"



Os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poderán asistir o venres 19 de xullo ás 11 horas na biblioteca de Esgos ao espectáculo de animación á lectura "Unha árbore ven a vernos" (contos para abrazar ás árbores)

Esta actividade está enmarcada no programa Ler conta moito da Consellería de Cultura

viernes, 21 de junio de 2019

Horario de verán

O luns 24 empezamos co horario de verán:
A biblioteca estará aberta de luns a venres de 11 a 14 horas.

viernes, 7 de junio de 2019

Campamento de verán


📆 O 20 de xuño abriremos as inscricións para o campamento de verán, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
✍️ O formulario de solicitude poderá retirarse nas oficinas municipais ou na biblioteca a partir da data indicada.

lunes, 13 de mayo de 2019

Diccionario das Letras Galegas


O dia das Letras Galegas deste 2019 adícase ao pontevedrés Antón Fraguas Fraguas, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo galeguista.

En 1923 (con 18 anos) foi un dos fundadores da Sociedade da Lingua, en Pontevedra,​ co obxectivo de promover a defensa do gallego e publicar un diccionario, que nunca salíu á la luz.
Partindo desta idea, na biblioteca imos elaborar esta semana un mural/diccionario con palabras en galego que nos gusten pola sua sonoridade, polo seu significado, polo que representan, etc.

As nosas propostas son:
  • NIFRAR:  Chorar debilmente por algo que non gusta ou sen motivo aparente. Por moito que nifres, non vai ser como queiras ti. Sinónimos: choricar, choromicar, mexericar.

  • LERCHO/LERCHA: Que fala mal dos demais, que conta cousas que debería calar. Es moi lercha, pero a min non me veñas con díxomes. Sinónimos: lareto, lingoreteiro, linguateiro
Anímate e ven a escribir as tuas palabras!

viernes, 10 de mayo de 2019

Excursión a Pontevedra


  • Data: Sábado 1 de xuño.
  • Itinerario: Saída de Esgos ás 8:00h, visita guiada por Pontevedra, Comida, visita a Combarro (Conxunto histórico artístico) e Sanxenxo
  • Inscricións: A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais a partir do 14 de maio, con preferencia para os veciños e veciñas empadroados neste concello
  • Prezos: 20 € (empadroados) e 30 € (non empadroados)