O sábado 28 de maio iremos de excursión ao Cebreiro (Lugo).
Sairemos de Esgos ás 8:30 horas para visitar a adega Regina Viarum (Sober) e despois dirixirnos a Balboa (León) onde comeremos na Palloza de Balboa. Pola tarde visitaremos a aldea do Cebreiro.
A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os veciños/as empadroados neste concello. Prazas limitadas
Prezos: 20 €/persoa empadroada e 25 €/persona non empadroada
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
jueves, 12 de mayo de 2016
viernes, 8 de abril de 2016
Campamentos de verán 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca hoxe a programación de actividades da Campaña de Verán 2016.
Os Campamentos de Verán 2016 nos que poderán inscribirse os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos están publicados en http://xuventude.xunta.es/2016040818898/accion-de-veran-2016.html
As solicitudes poderán tramitarse en https://sede.xunta.es ata o 23 de abril de 2016
Sobre o prezo de cada campamento, os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% e os usuarios do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

jueves, 7 de abril de 2016
Mes do libro
O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero, na biblioteca, imos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos:
- Lectores de libros electrónicos (ebooks)
¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso.
Semana do 11 ao 15 de abril
- GaliciaLe
¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de www.galiciale.es a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo.
Semana do 18 ao 22 de abril
- Manualidades
O 25 e o 26 de abril faremos o noso propio marcapáxinas.
jueves, 31 de marzo de 2016
Curso básico de protección civil
¿Queres facer o curso básico de protección civil?
A Academia Galega de Seguridade convoca tres edicións do curso básico para a provincia de Ourense.
O curso realizarase preferentemente en fins de semana e en horario de mañá e tarde. O lugar e data concreta de cada edición anunciarase con suficiente antelación.
Máis información e inscripcións nas oficinas municipais e na biblioteca.
martes, 22 de marzo de 2016
Mes do puzzle
Marzo é o mes do puzzle na biblioteca. Xa rematamos o primeiro, de 1000 pezas:

E agora comezamos o segundo:

E agora comezamos o segundo:
martes, 15 de marzo de 2016
Competencias clave
A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, nas seguintes competencias clave:
O prazo para inscribirse remata o 2 de abril.
As probas dos dous niveis serán o sábado día 21 de maio de 2016
O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra).
Toda a información está publicada en http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave onde tamén podes atopar os exames das convocatorias anteriores.
- Comunicación en lingua galega.
- Comunicación en lingua castelá.
- Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
- Competencia matemática.
O prazo para inscribirse remata o 2 de abril.
As probas dos dous niveis serán o sábado día 21 de maio de 2016
O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra).
Toda a información está publicada en http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave onde tamén podes atopar os exames das convocatorias anteriores.
lunes, 14 de marzo de 2016
Cea do Dia da Muller
A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños” organiza unha cea co fin de festexar o día da Muller.
- DATA: sábado 2 de Abril
- HORA: Ás 22:00 horas.
- LOCAL: Restaurante Alto do Couso
- PREZO: Socias 15 € e non socias 20 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2016)
Haberá agasallo para tódalas asistentes
¡¡ XA SABES NON TE QUEDES PARADA E PARTICIPA !!
FAITE SOCIA. ESPERÁMOSTE
martes, 8 de marzo de 2016
Iniciativa Xove
Xa está en marcha a convocatoria 2016 do programa Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Iniciativa Xove consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Máis información en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

lunes, 7 de marzo de 2016
Dia Internacional da Muller
Se non podedes pasar pola biblioteca, pero queredes participar nesta actividade, podedes facernos chegar a través do Facebook, do Twitter ou do correo electrónico (esgostelecentro@gmail.com) a mensaxe que queredes engadir.
jueves, 3 de marzo de 2016
Comeza o taller de exercitación da memoria
Hoxe comezamos unha nova edición do taller EXERCITACIÓN DA MEMORIA, que se impartirá os xoves ás 18:15 horas no local social de O Pinto.
Esta actividade é gratuita e está dirixida a todos os veciños e veciñas sen límite de idade, e ainda estás a tempo de participar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)