jueves, 31 de octubre de 2013

Galletas para celebrar o Samaín

Este ano, para celebrar o Samaín pensamos que sería unha boa idea facer algo de comer... así que Martín, de Confitería Milhojas nos preparou unhas galletas que despois os nenos decoraron con fondant de cores, para darlle forma de cabazas, morcegos e pantasmas. O resultado xa o podedes ver... ¡un éxito!
Tamén fixemos con plastilina cabazas, morcegos, sombreiros de bruxa, etc.
Unha tarde diferente na que participaron unhos 25 nenos.

martes, 29 de octubre de 2013

Novo curso de iniciación á informática

No mes de novembro comezaremos un novo taller de iniciación á informática no que os alumnos aprenderán a:

  • Encender/apagar o ordenador
  • Traballar con carpetas
  • Abrir/Pechar programas
  • Usar as funcións básicas do Word
  • Navegar por internet e buscar información
  • Correo electrónico

As clases impartiránse os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas e comezarán o mércores 6 de novembro.
Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

lunes, 28 de octubre de 2013

Magosto

  • Data: Domingo 10 de novembro
  • Hora: 13:00 h
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos
  • Prezo: 7 euros
As entradas poden retirarse nas oficinas municipais, nos bares e tendas e nas asociacións de veciños.

Actuará a Charanga Nova "Terras de Trives".

jueves, 24 de octubre de 2013

Manualidades de Samaín

O mércores 30 de outubro ás 18:00 horas teremos no local social de Esgos un taller de manualidades dirixido a nenos e nenas, baixo o tema "O SAMAIN". Por mor desta actividade a biblioteca estará pechada ó público este día.

lunes, 21 de octubre de 2013

miércoles, 16 de octubre de 2013

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes no Concello de Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Venres 25 de outubro
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

viernes, 4 de octubre de 2013

Clases de reforzo

Os nenos de Educación Primaria deste concello poderán asistir a de reforzo que se impartirán os martes e os venres de 18.30 a 19.30 horas.

As clases comezarán o martes 8 de outubro e prolongaránse durante todo o curso escolar.

viernes, 27 de septiembre de 2013

Comic "Os perigos de Internet"


O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta que pretende achegar por medio das vivencias dunha familia con fillos adolescentes as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade no uso das tecnoloxías e de que xeito os seus comportamentos poden chegar alterar a convivencia normal nos seus fogares.

Este comic está deseñado para alertar das ameazas que poden atopar os adolescentes na rede, especialmente o ciberacoso e os perigos dos depredadores sexuais

Na biblioteca municipal temos varios exemplares a disposición dos rapaces e tamén dos pais.

Vídeo promocional

Abrir comic "Os perigos de Internet"

jueves, 12 de septiembre de 2013

Fin da tempada de verán

O domingo 15 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal. Ata o domingo estará aberta de 15 a 20 horas.

A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 16 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.

lunes, 2 de septiembre de 2013

Obradoiro de oratoria motivacional ou coaching. Librándonos do pensamento negativo

O noso concello foi selecionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para desenvolver o "obradoiro de oratoria motivacional ou coaching, librándonos do pensamento negativo" do programa Activa 2013.

Contidos:
  • Por que morre a xente, que se perde na xungla?
  • Librándonos do pensamento negativo.
  • A diferenza actitudinal.
  • O camiño do éxito.
  • As oportunidades da crise

A idade mínima de participación son os 16 anos e para a idade máxima non existe tope, pero é importante ter en conta que os maiores de 30 anos non recibirán o diploma de asistencia e participación.

O obradoiro impartirase o venres 18 de outubro ás 18:00 horas no "Centro Cultural Parada Justel", en Esgos.

Os interesados en participar deberán anotarse no Concello ou na biblioteca municipal o antes posible co fin de confeccionar unha lista de participantes, xa que para que se poida desenvolver este obradoiro é necesario un mínimo de asistentes.

Por mor desta actividade a biblioteca municipal estará pechada ó público o venres 18 de outubro.