viernes, 21 de junio de 2013

Apertura da piscina municipal e horario de verán na biblioteca

Hoxe ás 3 da tarde abrirán ó público as piscinas municipais. O horario de apertura será de 12 a 21 horas.

A partir do vindeiro martes 25 de xuño, a biblioteca voltará a abrir polas mañás en horario de 11 a 14 horas.

viernes, 14 de junio de 2013

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

  • Lugar: Praza da Souteira (Esgos)
  • Dia: Venres 21 de xuño
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas

Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

jueves, 13 de junio de 2013

Recollida de tapóns para Duchenne

Agora vamos a destinar todos os tapóns que nos entregades na biblioteca ou no concello á campaña de recollida de tapóns que iniciou unha familia de Xunqueira de Espadañedo para axudar ó seu fillo ó que se lle diagnosticou a enfermidade de Duchenne.

Ademáis dos tapóns tamén recolleremos CDs e DVDs e as súas caixas

Podesde ler a entrevista que se lle fixo a súa nai en La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/06/08/tenemos-esperanza-puesta-investigacion-enfermedad-asociacion/0003_201306O8C2993.htm

miércoles, 12 de junio de 2013

Excursión: A casa do queixo - Sobrado dos Monxes

O próximo domingo 7 de xullo terá lugar unha viaxe das Mulleres Rurais do Concello de Esgos.

Programa:

Saída dos puntos e á hora que se acorde. Chegada á Fortaleza de Narla, en Friol. Despois visita ó Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Almorzo no restaurante Casa do Queixo - As Casiñas en Sobrado dos Monxes. De seguido actuación de "Lume na Lareira" para pasar unha tarde con música, baile, xogos e demais sorpresas.
Continuamos o programa visitando A Granxa - Queixería (elaboración e degustación do queixo).
A última hora da tarde, voltaremos ós nosos fogares.

Prezos:
  • Prezo persoa/socio: 24 €
  • Precio persoa/non socio: 34 €
Xa sabes... anímante e participa! Hai que anotarse antes do 1 de xullo.

martes, 11 de junio de 2013

Doazón de sangue



O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.
  • Data: Mércores, 19 de xullo

  • Horario: De 10:00 a 12:00 horas

  • Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos

Máis información no teléfono 900 100 828, na web http://ctg.sergas.es/ ou no mail doadoressangue.ctg@sergas.es

miércoles, 29 de mayo de 2013

Proxecto de voluntariado

Dende o concello estamos intentando poñer en marcha un proxecto de voluntariado do Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinado a mozos de entre 16 e 30 anos. O proxecto enmarcarase dentro das accións ambientais, aínda que se admiten suxerencias e levaríase a cabo durante un mes do verán.

Cada voluntariado contará con 6 euros por xornada, en concepto de transporte e manutención.

Os participantes recibirán ó finalizar unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/ ou  no DOG

jueves, 16 de mayo de 2013

Dia das letras galegas

Cada 17 de maio, Galicia homenaxea a un autor, este ano a Roberto Vidal Bolaño, para honrar así á nosa lingua.

Na biblioteca podedes atopar varias obras de Roberto Vidal Bolaño como:

  • Bailadela da morte ditosa (sete baileretadas de amor e unha de morte)
  • Cochos: relatorio valeroso en dous tempos, un prólogo, e un epílogo, para porca e actor en cativerio 
  • Saxo tenor 

Todos os que acudan hoxe á biblioteca e consulten ou leven en préstamo un libro en galego, recibirán outro libro en galego a modo de agasallo.

lunes, 13 de mayo de 2013

Rallye de clásicos e Rallye de antiguos


O sábado 8 de xuño ás 19:00 horas, circularán por Esgos os vehículos do XIX Rallye de Clásicos e do X Rallye de Antiguos de Ourense.

Os vehículos tomarán a saída na fonte de Pazos, en Esgos e pasarán pola Souteira, Cima de Vila, Chaveiro e Camiño vello para despois continuar pola estrada ata o cruce de Lampazas. Subirán cara a zona da canteira e baixarán a Regueiro para voltar a Esgos pasando pola cruz da Lama e a Parrocha.


Por seguridade procederase ó corte das rúas polas que discurre a caravana de vehículos entre as 18:30 e as 19:15 horas do sábado 8 de xuño



viernes, 3 de mayo de 2013

Clases de pilates

A partir do luns 13 de maio, durante os meses de maio e xuño, dentro das actividades da Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños", impartiranse clases de pilates:

Os luns no local social de O Pinto e os xoves no local social de Esgos, de 20:15 a 21:30 horas.

Xa sabes... anímante e participa!