Os Reis Magos estiveron hoxe no concello para entregarlle ós nenos os premios doconcurso de postais, como ven sendo costume nos últimos anos. Tamén entregaron caramelos a todos os nenos e maiores que os viñeron a recibir.
Os gañadores do XIII concurso de postais deste ano foron:
Categoría de ata 4 anos: Fernando
Categoría de 5 a 6 anos: Nico
Categoría de 7 a 8 anos: Noa
Categoría de 9 a 10 anos: Pablo
Categoría de máis de 10 anos: Lourdes
Pódense ver as fotos na web e no facebook do concello.
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
viernes, 4 de enero de 2013
jueves, 27 de diciembre de 2012
Lecer no Nadal
Dentro das actividades de Nadal deste ano, tivo lugar onte pola tarde, no local social de Vilar, un obradoiro de manualidades e xogos populares:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Rematamos a xornada cunha gran chocolatada:
sábado, 22 de diciembre de 2012
Especial de Nadal en La Región
No especial de Nadal que se publica hoxe no xornal "La Región" pódese ler a nova sobre as actividades de Nadal que se celebran neste concello.
Na foto publicada pódense ver algunhas das participantes no obradoiro de adornos de Nadal cos seus traballos.
Na foto publicada pódense ver algunhas das participantes no obradoiro de adornos de Nadal cos seus traballos.
jueves, 20 de diciembre de 2012
Vacacións de Nadal para as clases de reforzo
Os nenos que asisten ás clases de reforzo escolar que se están a impartir en Esgos, collerán dúas semanas de vacacións, coincidindo co calendario escolar.
As clases retomaránse o martes 8 de xaneiro, no mesmo horario.
Tamén damos hoxe por finzalizado o curso de iniciación á informática e internet no que participaban estes nenos.
As clases retomaránse o martes 8 de xaneiro, no mesmo horario.
Tamén damos hoxe por finzalizado o curso de iniciación á informática e internet no que participaban estes nenos.
miércoles, 19 de diciembre de 2012
Horario da biblioteca no Nadal
Durante as vacacións de Nadal a biblioteca estará pechada pola tarde. Os usuarios que desexen facer uso dos ordenadores do telecentro durante os días laborables que a biblioteca estará pechada, poderán facelo en horario de mañá comunicándoo nas oficinas municipais.
A modo de resumo, inclúo tamén neste calendario as actividades de Nadal:
Desculpade as molestias, e pasade un bo Nadal!!!
A modo de resumo, inclúo tamén neste calendario as actividades de Nadal:
Desculpade as molestias, e pasade un bo Nadal!!!
lunes, 17 de diciembre de 2012
Manualidades de Nadal
Os paquetes sorpresa estaban feitos cos tubos do papel hixiénico forrado de cores e dentro levaban un bombón. As estrelas, simplemente se fan recortando e pegando papel de cores e para os portavelas reciclamos vasos de cristal dos iogures e adornámolos con purpurina e estreliñas de cores.
lunes, 10 de diciembre de 2012
jueves, 22 de noviembre de 2012
Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero
O domingo 25 de novembro é o "Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero", baixo o lema "Non ignores os sinais. Elixe vivir"
Pódese ver o vídeo da campaña eiquí.
Pódese ver o vídeo da campaña eiquí.
martes, 20 de noviembre de 2012
Curso de xardinería
Estase a impartir en Esgos o curso para desempregados, "actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería" de 348 horas, que rematará en decembro e no que participan 15 alumnos.
Ademais de clases teóricas, tamén realizan prácticas como: poda de árbores, mantemento dos xardíns, construcción e mantemento dun invernadeiro, etc.
miércoles, 14 de noviembre de 2012
Fotos e vídeos do magosto 2012
As fotos do magosto 2012 están dispoñibles na galería fotográfica e no facebook do concello.
Ademais, este ano contamos coa visita das cámaras dos informativos de telecinco que fixeron unha conexión en directo co noso magosto. Pódese ver nos últimos 2 minutos do vídeo dos informativos das 15 horas
Tamén se pode ver a grabación que fixeron pola mañá no vídeo dos informativos das 21 horas (últimos 3 minutos).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








