O vindeiro domingo dase por finalizada a temporada de verán co peche das piscinas municipais.
Como é costume tamén, a biblioteca voltará a abrir polas tardes, de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas. Agardámosvos!!!!
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
viernes, 14 de septiembre de 2012
jueves, 13 de septiembre de 2012
Entrega de tapóns en Seur
O concello de Esgos colabora coa Fundación Seur na campaña de recollida de tapóns "Tapóns para unha nova vida".
Hoxe entregamos na central de Seur en Ourense, en Seixalvo, os tapóns recollidos durante o verán.
Gracias a todos os que colaborastes!!!
viernes, 7 de septiembre de 2012
Educamóbil
O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
- Lugar: Local social de Vilar
- Dia: Xoves, 27 de setembro
- Hora: De 16.30 a 20.00 horas
lunes, 3 de septiembre de 2012
Obradoiro: Acompañamento na dependencia
Cruz Vermella porá en marcha en Esgos un proxecto dirixido principalmente a persoas maiores, especialmente a aquelas que teñan ó seu cargo a algún dependente.
Este proxecto consiste en 3
obradoiros de hora e media cada un, nos que se expoñerá de maneira sinxela e
por persoal especializado, a información necesaria para calquera persoa
coidadora, agrupada en:
- Axudas técnicas existentes no mercado e o seu funcionamento
- Prestacións económicas e recursos existentes no entorno
- Coidados básicos sanitarios (movilizacións, curas, …)
Lugar de
celebración
|
Datas
|
Horario
|
Local
social de Esgos
|
mércores
12, 19 e 26 de setembro
|
de 10
a 11:30 horas
|
Esta actividade é gratuita e para poder celebrarse é necesaria a asistencia dun
número mínimo de persoas, así que todos os interesados deberán anotarse nas
oficinas de Servizos Sociais do Concello antes do 11 de setembro.
viernes, 31 de agosto de 2012
Clausura do campamento de verán
Hoxe clausúrase o campamento urbano de verán que comezara o 1 de xullo e no que participaron 50 nenos.
Para rematar proxectamos as fotos que fixemos nas actividades do campamento: manualidades, guerra de globos de auga, visita á escola de adestramento canino, andaina, etc.
Os pais que queiran unha copia das fotos poderán pasar pedilas na biblioteca.
martes, 21 de agosto de 2012
Horario de festas
Biblioteca:
mércores 22, xoves 23, venres 24: de 11 a 13.30 horas
luns 27 e martes 28: pechada
Campamento de verán:
luns 27 e martes 28 non haberá campamento
Oficinas municipais:
mércores 22, xoves 23, venres 24, luns 27 e martes 28 de 9 a 13.30 horas
mércores 22, xoves 23, venres 24: de 11 a 13.30 horas
luns 27 e martes 28: pechada
Campamento de verán:
luns 27 e martes 28 non haberá campamento
Oficinas municipais:
mércores 22, xoves 23, venres 24, luns 27 e martes 28 de 9 a 13.30 horas
jueves, 16 de agosto de 2012
lunes, 13 de agosto de 2012
O campamento urbano na escola de adestramento canino "Do Castelo"
Comezamos cun percorrido polas canceiras e despois puidemos desfrutar dunha pequena demostración con varios cans. Tamén aprenderon cómo achegarse sen perigo ós cans e como acaricialos. Para rematar todos puideron pasear a unha cadela.
viernes, 10 de agosto de 2012
Sábado de película...
A película VILAMOR proxectarase en Esgos.
Data: sábado 18 de agosto
Hora: 22:00 h.
Lugar: Praza da Souteira, Esgos.
Pódese consultar toda a información referente a esta película en http://www.vilamor.eu/ e en https://www.facebook.com/vilamorfilme
jueves, 9 de agosto de 2012
Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"
Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán:
- Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma.
- Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos.
- Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)
