Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
viernes, 10 de agosto de 2012
Sábado de película...
A película VILAMOR proxectarase en Esgos.
Data: sábado 18 de agosto
Hora: 22:00 h.
Lugar: Praza da Souteira, Esgos.
Pódese consultar toda a información referente a esta película en http://www.vilamor.eu/ e en https://www.facebook.com/vilamorfilme
jueves, 9 de agosto de 2012
Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"
Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán:
- Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma.
- Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos.
- Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)
jueves, 26 de julio de 2012
Fotos do "ponlle as pilas ao teu bocata"
Esta campaña que promociona os bocadillos de conservas do mar comezou cunha pequena charla sobre as conservas, para continuar con xogos nos que participaron todos os nenos e rematar coa elaboración do seu propio bocadillo.
Ademais, todos os nenos recibiron ó final unha gorra e unha lata de conservas como agasallo.
As fotos desta xornada poden verse na biblioteca, pero eiquí vai unha pequena mostra:
Dentro desta campaña tamén podes participar no concurso "crea o teu propio bocata" e gañar unha nintento 3DS. Máis información en http://www.ponlleaspilasaoteubocata.com/
miércoles, 18 de julio de 2012
Fotos do "lecer no verán 2012"
Hoxe celebrouse en Esgos unha xornada adicada ós nenos: "Lecer no verán 2012".
Dende as 10.30 horas da mañá e ata as 19.00 horas tiveron tempo para xogar, facer manualidades, desfrutar dunha tarde de piscina...
Neste enlace podedes ver algunhas fotos:
Dende as 10.30 horas da mañá e ata as 19.00 horas tiveron tempo para xogar, facer manualidades, desfrutar dunha tarde de piscina...
Neste enlace podedes ver algunhas fotos:
![]() |
| "Lecer no verán 2012" |
lunes, 9 de julio de 2012
Ponlle as pilas ao teu bocata
Se tés entre 6 e 12 anos poderás participar na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata"da Consellería do Mar.
Despois de participar nos obradoiros da Consellería do Mar sobre os beneficios das conservas os nenos poderán preparar a súa propia merenda a base de conservas de pescado e marisco.
Para poder participar é necesario anotarse no concello ou na piscina antes do 19 de xullo.
www.ponlleaspilasaoteubocata.com
- Lugar: Piscina municipal de Esgos
- Data: martes 24 de xullo
- Hora: 17:00 h.
Despois de participar nos obradoiros da Consellería do Mar sobre os beneficios das conservas os nenos poderán preparar a súa propia merenda a base de conservas de pescado e marisco.
Para poder participar é necesario anotarse no concello ou na piscina antes do 19 de xullo.
www.ponlleaspilasaoteubocata.com
viernes, 6 de julio de 2012
Verán no rural
Dirixido a: Nenos/as de entre 6 e 12 anos
Data e hora: 18 de xullo de 10.30 a 19.00 horas.
Programación:
- Pola mañá: explicación das
actividades e normas de convivencia, xogos e manualidades na praza da
Souteira (Esgos)
- Xantar: paseo ata a zona
acordada para xantar e tempo de lecer
- Pola tarde: roteiro ata a piscina
municipal e xogos na auga, obradoiros, etc.
- 19:00h. finalización da
actividade
Debes
traer:
- Roupa e calzado
cómodo
- Viseira
- Xantar (bocadillo /
froita / bebida) e merenda
- Protección solar
- Traxe de baño, toalla
e chanclas (para que non vaias cargado todo o día, podes deixar esto na
praza da Souteira e entregaráseche na piscina)
Lembrarvos que os nenos tamén poden desfrutar do campamento urbano que se está a celebrar en Esgos durante este mes e o mes de agosto.
viernes, 29 de junio de 2012
Curso básico de protección civil
Esta fin de semana impartirase no local social de Esgos un curso básico de protección civil no que partipan alumnos deste e doutros concellos.
Programa:
- Venres 29 de xuño, de 19 a 22 horas: Comunicacións.
- Sábado 30 de xuño, de 9 a 14 horas: Extinción de incendios
- Sábado 30 de xuño, de 15 a 22 horas: Primeiros auxilios
- Domingo 1 de xullo, de 9 a 15 horas: Protección civil e igualdade.
jueves, 28 de junio de 2012
Horario de verán
Durante os meses de xullo e agosto a biblioteca estará aberta en horario de mañá: de luns a venres dende as 11 ata as 14 horas, mentres que a piscina municipal abrirá as 12 da mañá e pechará ás 21 horas.
viernes, 22 de junio de 2012
Entrega de diplomas do taller de memoria.
O pasado mércores, ás 7 da tarde entregáronse os diplomas do curso de memoria ós veciños que participaron nesta última edición.
O acto estivo presidido polo alcalde, Mario Rodríguez e Pedro Díaz Fernández, o psicólogo responsable do taller.
Pódense ver todas as fotos eiquí
lunes, 18 de junio de 2012
Campamento urbano
Durante os meses de xullo e agosto todos os nenos do concello, de entre 4 e 12 anos, poderán desfrutar de diversas actividades no campamento urbano “VeránEsgos 2012”.
As actividades (manualidades, actividades deportivas, xogos populares, taller lectura, etc.) desenvolveránse en Esgos, de luns a venres en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas.
Para poder participar deberánse anotar na biblioteca ou nas oficinas de servizos sociais do concello antes do 28 de xuño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

