miércoles, 5 de enero de 2011

Os Reis Magos visitan ós nenos de Esgos


Os Reis Magos de Oriente visitaron hoxe pola mañá aos nenos de Esgos. Ás 12.00 horas foron recibidos polo alcalde no salón de plenos do concello, para despois dirixirse ao local social de Esgos onde os agardaban os nenos.

Os Reis repartiron caramelos a todos os presentes e entregaron pequenos agasallos a todos os nenos.

Pódense ver as fotos na galeria fotográfica

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Xuventur Neve 2011

O vindeiro 7 de xaneiro, dará comezo o programa XUVENTUR NEVE 2011, destinado á mocidade galega entre 18 e 35 anos, que consiste en estadías de varios días en diferentes lugares da xeografía ( Leitariegos, Candanchú e Vallnord).

Importante a ter en conta:

1º. A información colgarase en www.xuventude.net para que os/as mozos/zas poidan ver as opcións que se ofrecen e vaian planificando as súas saídas.

2º. Segundo o destino que cada persoa elixa deberá de remitir a documentación a un enderezo diferente (delegacións de Ourense, Vigo e Lugo)

3º.- O formulario de inscripción soamente será posible envialo en liña.

4º.- O prazo de inscrición comezará o día 7/01/2011, a partir das 9:00 h.(e o formulario soamente estará dispoñible na páxina web www.xuventude.net a partir desa data e hora)

Pódese consultar o díptico do programa eiquí

martes, 21 de diciembre de 2010

Termalismo Social IMSERSO

Características:
  • Turnos de 12 días
  • Aloxamento e manuntención en réxime de pensión completa
  • Tratamentos termais básicos
  • Pólizas colectivas de seguro turístico
  • Actividades de animación
Requisitos dos beneficiarios:
  • Ser pensionista da Seguridade Social por xubilación ou invalidez, ou ben por viudedade ou doutras pensións se ten máis de 60 anos.
  • Non padecer doenzas mentais graves
  • Poder valerse por si mesmo
  • Precisa-ls tratamentos termais
Prazo de presentación:
  • Para os meses de febreiro ata agosto: ata o 17 de xaneiro de 2011
  • Para os meses de setembro a decembro: ata o 16 de maio de 2011
Documentación a presentar:
  • DNI
  • Certificado de pensión
  • Tarxeta sanitaria
Máis información e solicitudes nos servizos sociais do concello, de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Agasallos de Nadal



Dende o concello, como ven sendo costume nos últimos anos estánse a repartir agasallos de Nadal aos maiores de 65 anos.

Este ano, reciben un paquete que contén: unha tarxeta de felicitación, un paquete de bombóns e un chaveiro (os homes) ou unha bolsa pregable (as mulleres).



lunes, 13 de diciembre de 2010

Actividades de Nadal para nenos

  • Xornada de xogos populares para nenos e maiores
23 de decembro de 4.30 a 6.30 da tarde en Vilar
Manualidades, billarda, chave, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc.
Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós.
  • Visita a Pazolandia
29 de decembro
Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 28 de decembro.
  • XI Concurso de Postais.
Por décimo primeiro ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.).
O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro.
Tódolos participantes terán un agasallo.
  • Visita dos Reis Magos de Oriente
5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira Os Reis Magos entregarán os premios do XI Concurso de Postais.

lunes, 29 de noviembre de 2010

1 de diciembre: Día Mundial del Sida

En España se estima que hay entre 120.000 y 150.000 personas infectadas con VIH, de las cuales una cuarta parte aún no lo sabe. Esto significa que más de 35.000 personas no se están beneficiando de los tratamientos existentes y podrían transmitir el VIH a sus parejas sexuales sin saberlo.

Por eso, este año el tema central del Día Mundial del Sida es la promoción de la prueba del VIH, bajo el lema:

"Quiérete. Hazte la prueba. Usa preservativo"

En la biblioteca y en las oficinas municipales podrás encontrar folletos informativos y pegatinas para este día.


¿En qué consiste la prueba del VIH?
  • Es un análisis de sangre específico
  • No te la pueden hacer sin tu permiso, el resultado es confidencial y puede hacerse de forma anónima
  • Es gratuita en todos los centros públicos de salud, en los centros de enfermedades de transmisión sexual y algunas ONG.
  • En algunos centros existen pruebas rápidas de detección del VIH, cuyo resultado se puede obtener en 30 minutos.
¿Quién debería hacerse la prueba?
  • Las embarazadas
  • Personas que hayan padecido alguna infección de transmisión sexual, tuberculosis o hepatitis
  • Personas con pareja estable que quieren dejar de usar preservativo.
  • Personas que hayan tenido prácticas de riesgo (relaciones sexuales sin preservativo o uso compartido de material para inyectarse drogas)
El VIH sólo puede transmitirse por:
  • No usar preservativo en las relaciones sexuales con penetración
  • Compartir un objeto cortante que haya estado en contacto con sangre infectada
  • De una madre a su hijo durante el embarazo, parto o lactancia

jueves, 25 de noviembre de 2010

Rematamos o curso de iniciación á informática

Dende principios de outubro oito veciños do concello participan nunha nova edición do curso de "alfabetización informática".

Durante estas semanas aprenderon a:
  • Encender/apagar o ordenador
  • Traballar con carpetas
  • Abrir/cerrar programas
  • Manexar un procesador de textos
  • Navegar por internet
  • Buscar información en internet
  • Usar o correo electrónico

Agora que se achega o mes de decembro, daremos por finalizado este primeiro achegamento ás novas tecnoloxías.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Ana María Matute gana el Premio Cervantes 2010

La escritora catalana Ana María Matute ha sido galardonada este miércoles con el Premio Cervantes 2010. La ministra de Cultura, ha sido la encargada de anunciar el nombre del ganador de este premio, que se concede anualmente.

Ana María Matute es la tercera mujer en recibir el Premio Cervantes desde su creación en 1976, tras la filósofa española María Zambrano y la poetisa cubana Dulce María Loynaz.

En la biblioteca disponemos de varios libros de Ana María Matute, por si alguno de vosotros se anima a leer:
  • Sólo un pie descalzo
  • Luciérnagas
  • Olvidado rey gudú

lunes, 22 de noviembre de 2010

Dia Internacional para a eliminación da violencia de xénero

O xoves 25 de novembro celébrase o "Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero". Este ano o lema da campaña é:

Se te

trata
mal,
mal
trátate.
Podemos axudarte a superar o teu medo.

Teléfono de atención ás mulleres: 900 400 273

No marco deste día, co fin de educar en igualdade, propoñémosvos os seguintes libros que podedes atopar na biblioteca:
  • Xela volveuse vampira!!, de Fina Casalderrei e Noemí López (Infantil)
  • Alfombriña, de Cristina Ferreiros (Infantil)
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero. (Adultos)

martes, 9 de noviembre de 2010

Semana da ciencia

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están chamadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar aos cidadáns, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes na vida cotiá.

Queremos animarvos a participar nesta celebración asistindo ás actividades gratuitas organizadas por toda a xeografía galega. En Ourense:

  • Diverciencia Granxas Dixitais
TIPO ACTIVIDADE: Obradoiro
DIRIXIDO A: Estudantes de Primaria
POBLACION: Lobios
DATAS: 12/11/10
HORARIO: De 10 a 17.30h
  • Consumir con ciencia, comer con conciencia
TIPO ACTIVIDADE: Xornada de portas abertas ou visita guiada
DIRIXIDO A: Estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
POBLACION: San Cibrao das Viñas
DATAS: do 15/11/10 ao 19/11/10
HORARIO: De 9:45h. a 13:30h.
  • Exper-i-ciencia
TIPO ACTIVIDADE: Conferencia
DIRIXIDO A: Estudantes de Primaria
POBLACION: Entrimo
DATAS: 15/11/10
HORARIO: Por determinar
  • Ourense investiga
TIPO ACTIVIDADE: Obradoiro
DIRIXIDO A: Público xeral
LUGAR: Cidade de Ourense
DATAS: do 21/11/10 ao 22/11/10
HORARIO: 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.

Máis información na web www.divulgacion360.org