miércoles, 24 de febrero de 2010

Cea de mulleres

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 6 marzo unha cea dirixida a tódalas mulleres do municipio.
  • Lugar: Restaurante "Os Caracoles"
  • Data: Sábado, 6 de marzo
  • Hora: 22.00 h.
  • Prezo: 20 € (socias); 30 € (non socias)
As interesadas deberán inscribirse antes do 4 de marzo nos Servizos Sociais do concello (Angeles), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí.

lunes, 15 de febrero de 2010

Entroido 2010


Pódense ver as fotos do entroido 2010 na web concello, tanto as dos felos como as do concurso de disfraces do domingo de entroido.
O xurado decidiu que os gañadores do concurso foran:

Primeiro premio: "O faraón e familia..."



Segundo premio: "Os poliños"

Terceiro premio: "Os romanos"


O premio ó mellor grupo reducido foi para "A familia pirata":



martes, 9 de febrero de 2010

Dia de Internet Seguro

Hoy se celebra el Dia de Internet Seguro con el objetivo de promover, sobre todo entre los jóvenes el uso responsable y seguro de las nuevas tecnologías.
Este año el evento está dedicado a la gestión de imágenes y contenidos en Internet, con el eslogan "Piénsalo Antes" que pretende concienciar de las consecuencias de la publicación de fotografías en Internet.

Aprovechamos para recordaros unos consejos sobre privacidad:
  • No cuelgues fotos "atrevidas" porque esa foto ya no será sólo tuya, sino de todo el mundo.
  • Hacerse pasar por otra persona usando su foto para crear un perfil no es un comportamiento aceptable y puede tener consecuencias legales.
  • No todo lo que se ve en Internet en cierto y muchas fotos están manipuladas.
  • No puedes publicar la foto de alguien sin su permiso.
  • Es recomendable no publicar datos personales como nombre, dirección, teléfono, etc.
  • Ponerse en contacto con desconocidos puede ser peligroso.
En internetsegura2010.com puedes ver el spot de la campaña y en protegeatushijos.com unos vídeos muy instructivos para los más pequeños.

lunes, 1 de febrero de 2010

Desfile de entroido 2010


Data: Domingo 14 de Febreiro
Hora: 17:00 h
Lugar: Praza da Souteira (Esgos)

Participarán no desfile de "Entroido 2010" os felos, as carrozas e todos os que acudan disfrazados. A música correrá a cargo dunha charanga.

Ó rematar o desfile, haberá merenda para os nenos que acudan disfrazados.



Premios concurso:
  • Mellor individual: 40 €
  • Mellor grupo reducido (ata 8): 60 €
Premio especial carrozas e grupos numerosos:
  • 1º clasificado: 100 € + Xamon
  • 2º clasificado: 100 € + Cachucha
  • 3º clasificado: 80 € + Lacon
  • 4º clasificado: 60 € + 2 Codillos
Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no Concello antes do día 12 de Febreiro

viernes, 22 de enero de 2010

A biblioteca en Internet

A biblioteca do concello forma parte da "Rede de bibliotecas de Galicia" e un dos benefecios que esto supón é que a través da web www.opacmeiga.rbgalicia.org pódese consultar o catálogo de libros dispoñibles, reservar libros...

Consultar o catálogo é tan sinxelo como:
  1. Acceder á web www.opacmeiga.rbgalicia.org
  2. Elexir a Provincia (Ourense), Comarca (Ourense), Concello (Esgos).
  3. "Entrar na Biblioteca"

Unha vez dentro da web da biblioteca de Esgos poderemos buscar libros por título, autor, materia... E tamén reservar libros, deixar a nosa opinión sobre os libros que lemos, etc.


Aínda nos faltan libros por catalogar, pero xa te podes achegar ata a biblioteca e ver o material que temos á vosa disposición:
  • Infantil: libros de contos, aventuras, natureza, animais, comics...
  • Adultos: novelas, historia, cociña, medicina, arte, cine, galicia...
Anímate a ler!!!

martes, 19 de enero de 2010

Curso de risoterapia


“OS BENEFICIOS DA RISA PARA A SAÚDE”

CURSO RISOTERAPIA

(unha terapia para mellorar a saúde)


DATA DE COMENZO:
Sábado 20 de FEBREIRO
HORARIO: Sábados 17:30 as 19:00 Horas.
LUGAR: Local Social (Centro de Saúde) Esgos.

  • Con este curso conseguirás mellorar aspectos físicos e psicológicos
  • Exercitarás máis de 400 músculos, tanto do estómago como da cara
  • Oxixenarás os pulmóns
  • Rexuvenecerás os músculos da cara
  • Eliminarás o estrés
  • Aliviarás problemas depresivos
  • Aprenderás a exteriorizar as túas emocións

Si estás interesada VEN Xa sabes, non te quedes parada, ¡Participa! (exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres “Os Picotiños”)

jueves, 7 de enero de 2010

Os Reis Magos visitaron ós rapaces de Esgos

O martes pola mañá, víspera do dia de Reis, as suas maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron ós nenos do concello.

Deixaron os camellos nunha cuadra próxima e un empregado do concello foi a recoller a Melchor, Gaspar e Baltasar para achegalos ata a praza da Souteria, onde os agardaban os nenos.


Repartiron ó chegar caramelos, piruletas, globos, etc

Tamén entregaron os premios do "X Concurso de postais" e unhos agasallos a todos os nenos presentes: puzles dos Bolechas no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Estes puzles ainda nos sairon ó mercado, pero os nenos de Esgos xa poden disfrutar deles en primicia.

martes, 22 de diciembre de 2009

Só con TDT verás a tele

A partir do 18 de xaneiro "so con TDT verás a tele", xa que cesa nesa data a emisión da televisión analóxica.

Para informar e explicar ós veciños a forma de adaptarse e disfrutar dos servizos da TDT haberá puntos de información móvil (microbus) polo Concello:
  • Esgos, martes 29 de decembro pola mañá

  • O Pinto, mércores 30 de decembro pola tarde

  • Esgos, xoves 14 de xaneiro pola mañá
A través da entidade pública Red.es, dentro do Plan de Apoio a Colectivos de Risco de Exclusión, pódese solicitar un equipo sintonizador TDT gratuito durante o prazo de 4 anos dende a data de instalación.

Para poder solicitar o TDT gratuito é necesario cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar en http://www.concelloesgos.com/

Tódalas persoas interesadas poden informarse e presentala sua solicitude nos Servizos Sociais do Concello.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Actividades infantis Nadal 2009

Xornada de xogos populares para nenos e maiores

Billarda, chave, peóns, tabas, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc.
Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós.
  • Dia: 23 de decembro
  • Hora: De 4 a 5.30 da tarde
  • Lugar: Vilar

Visita a Pazolandia

Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou Telecentro antes do 28 de decembro.
  • Dia: 29 de decembro
X Concurso de Postais.

Por décimo ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.).
Tódolos participantes terán un agasallo.

  • O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro.

Visita dos Reis Magos de Oriente

Os Reis Magos entregarán os premios do X Concurso de Postais.
  • Dia e hora: 5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira