E non podían faltar as "madamas":
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
lunes, 4 de febrero de 2008
Domingo de Entroido
O desfile e o concurso de disfraces do domingo tivo que cambiarse para o martes polo mal tempo, pero os felos e as madamas desafiaron á choiva e "pasearon" todo o día polos pobos do concello.
martes, 22 de enero de 2008
Cartel do Entroido 2008
Domingo 3 de Febreiro ás 17:00 na praza da Souteria haberá un desfile de disfraces e carrozas.
Haberá regalos para os nenos DISFRAZADOS e merenda para todos os asistentes.
Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deberán anotarse no Concello antes do 1 de Febreiro.

Premios do concurso:
Mellor traxe de felo: 50 euros
Mellor individual: 40 euros
Mellor grupo reducido (ata 8): 60 euros e un coello
Premios para carrozas e grupos numerosos:
1º clasificado: 100 euros e un cabrito
2º clasificado: 100 euros e un cordeiro
3º clasificado: 80 euros e un relliño
4º clasificado: 60 euros e un polo

jueves, 17 de enero de 2008
"Jóvenes en red". Plan avanza

Si es menor de 30 anos e queres ter a tua propia páxina en internet estás no sitio adecuado.
A través do programa "jóvenes en red" podes rexistrar de balde o teu propio dominio .es, sin costes durante o primeiro ano; e crear a túa propia páxina web, de maneira sinxela.
Toda a información pódela encontrar en http://www.jovenesenred.es/ e no Telecentro.
lunes, 7 de enero de 2008
Os Reis Magos
O pasado día 5 os Reis Magos visitaron o noso concello e repartiron caramelos por todos os pobos, a grandes e nenos.

Ás 4:30 da tarde tiñan unha cita con todos os nenos na Souteira, e ainda que chegaron un pouco tarde, cumpriron con todos os presentes e repartiron regalos ós nenos que participaron no concurso de tarxetas de Nadal.

martes, 18 de diciembre de 2007
Concurso infantil de tarxetas de Nadal
Como todos os anos por estas datas, o concello organiza un concurso de tarxetas de Nadal para todos os nenos do concello.
Este ano como novidade, ademais das tarxetas podedes elaborar os vosos propios adornos navideños no Telecentro, o luns día 24 a partir das 6 da tarde.
Dende o Telecentro desexámosvos un
BO NADAL
A continuación podedes ver algunhas das fotos máis navideñas:
miércoles, 12 de diciembre de 2007
Novos grupos de iniciación á informática
A semana pasada comezaron 14 persoas o curso de iniciación á informática, distribuidos en dous grupos: luns e mércores, e outro os martes e xoves.
Nesta imaxe podedes ver a algúns dos integrantes do grupo dos luns:

E nesta, a algunhas do grupo do martes:

Nesta imaxe podedes ver a algúns dos integrantes do grupo dos luns:

E nesta, a algunhas do grupo do martes:

viernes, 30 de noviembre de 2007
Entrega de diplomas
jueves, 15 de noviembre de 2007
Obradoiro de memoria
Dende o Concello estase a realizar un obradoiro de memoria que engloba diferentes temas como TALLERES DE ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, NUTRICIÓN, RELAXACIÓN E RESPIRACIÓN.
O obradoiro é totalmente gratuíto e está dirixido a todos os veciños/as sen límite de idade. Co fin de limitar os desprazamentos, estase a realizar nos diferentes locais sociais dos pobos: O Pinto, Esgos, Lobaces - Gomariz, Pardeconde - Quinta do Monte.

Máis información nos Servizos Sociais do Concello ou chamándo ó teléfono 988 29 00 00.
domingo, 11 de noviembre de 2007
Magosto 2007
Hoxe celebrouse o Magosto do concello de Esgos, na praza da Souteira.

Próximamente publicaranse as fotos na páxina web do concello.

Houbo empanada, churrasco, chourizos, e de postre bica, licor café, café e como non, castañas asadas.
Próximamente publicaranse as fotos na páxina web do concello.
viernes, 9 de noviembre de 2007
Nova convocatoria de cursos
Se coñeces a alguén que poida estar interesado non dubides en animalo para que se pase polo Telecentro.
No mes de decembro comenzarán dous novos cursos de Internet. Cada curso impartese dous días á semana (1 hora ó día) durante un mes, en horario de 20:00 á 21:00 para que poida asistir o maior número de persoas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)