jueves, 28 de enero de 2021

Día da ilustración




O sábado 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego e este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño

Na web www.diadailustracion.gal podes atopar máis informaicón e seguir as charlas en liña conducidas por Neves Rodríguez mañá venres:

- Charla con ilustradora invitada: Carla Berrocal: 29 de xaneiro ás 10:30

- Charla: ‘Lolita Díaz Baliño: a ilustradora dos soños’: 29 de xaneiro ás 12:10

Accede aquí 


miércoles, 27 de enero de 2021

Biblioteca pechada

Debido ás novas medidas de prevención da covid-19 a biblioteca permanecerá pechada ao público dende hoxe ata o 17 de febreiro.

  • Os préstamos prorróganse ata o 18 de febreiro.
  • Atenderemos as vosas consultas no correo electrónico biblioesgos@gmail.com
  • Recordade que dispoñemos de ordenadores portátiles para prestar aos nenos e nenas confinados por covid-19 que non dispoñen de ordenador e o precisan para seguir as clases dende os seus fogares.

Coidádevos moito!!

lunes, 25 de enero de 2021

martes, 19 de enero de 2021

Chave 365 para a mocidade galega


A mocidade galega xa pode solicitar de xeito presencial a Chave 365. Con esta chave podes xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou o DNI electrónico.

A identificación faise co DNI e cun código que recibes no teu teléfono móbil.

A solicitude da chave podes facela presencialmente nos Espazos Xove que están situados nas seguintes localidades: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro.

https://www.xunta.gal/chave365/solicitude

Beneficios de la lectura

La lectura de libros puede ser una excelente actividad para este periodo en el que nos encontramos, con apenas vida social para evitar contagios por covid-19.

Leer en estos momentos que no podemos salir mucho de casa nos puede ayudar a:

  • Desconectar y combatir el aburrimiento
  • Activar la memoria, la imaginación, la curiosidad y el conocimiento
  • Prevenir el estrés y combatir el insomnio
  • Sentirnos acompañados y entretenidos
  • Establecer vínculos con otras personas por afinidad de lecturas
En la biblioteca encontrareis libros de muy diferentes temas: cocina, plantas medicinales, comic, novelas, etc. 

viernes, 15 de enero de 2021

Mandalas viajeras


¿Qué es un mandala?

El mandala típico, es un dibujo generalmente circular conformado por formas geométricas básicas como: triángulos, cuadrados, círculos y rectángulos. 

Aunque tienen su origen en la India, aparecen prácticamente en todas las culturas. y su traducción literal es ‘círculo sagrado’. Son un símbolo de sanación, totalidad, unión e integración.

Beneficios del mandala

Dibujar y colorear mandalas ayuda a ejercitar:

  • La creatividad
  • Concentración
  • Atención
  • Memoria
  • Capacidad mental
  • Nivel de conciencia
  • Energía positiva
Propuesta de la biblioteca:
En estos momentos que las autoridades sanitarias nos recomiendan restringir los encuentros a solo convivientes y limitar al máximo todas las relaciones sociales os proponemos colorear nuestro libro de mandalas.

Más información en la biblioteca

jueves, 14 de enero de 2021

Novidades na biblioteca

Seguimos ampliando o fondo da biblioteca grazas ao premio acadado pola biblioteca de Esgos no concurso María Moliner. 
Incorporamos ó catálogo novidades para os lectores máis novos e tamén novelas para adultos




jueves, 7 de enero de 2021

Novas adquisicións para a biblioteca


Deixámosvos algúns dos libros recén chegados á Biblioteca:

Novelas

Libros infantís

Estes libros foron comprados co premio acadado por esta biblioteca no concurso de promoción da lectura María Moliner 2020.


Ademais os últimos libros chegados á biblitoeca poden consultarse eiquí 

martes, 22 de diciembre de 2020

Novas incorporacións ó catálogo

Seguimos ampliando o catálogo da biblioteca con algunhas das obras de lectura obrigatoria nos institutos.


lunes, 21 de diciembre de 2020

Pechado por vacacións

 AVISO

Dende o mércores 23 de decembro ao venres 8 de xaneiro (ambos incluídos) a biblioteca estará pechada ao público.

  • Devolucións:

Se tedes libros para devolver podedes deixalos nas oficinas municipais. 

  • Préstamos: 

As urxencias atenderémolas no correo electrónico biblioesgos@gmail.com 


Desculpade as molestias e pasade unhas boas festas de Nadal, con sentidiño...

miércoles, 16 de diciembre de 2020

Carné xove


A Xunta enviará o Carné Xove de xeito gratuíto aos arredor de 400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos.

O Carné Xove permítelle a xuventude acceder a descontos e axudas para eventos culturais, aloxamento, transporte, comercio ou servizos educativos. 

As mozas e mozos comezarán a recibir o novo Carné Xove, cun deseño renovado, a partir do próximo mes de xaneiro. Unha vez o reciban nas súas casas, tan só terán que activalo nun dos centros habilitados para desfrutar das súas vantaxes.

Acceso á noticia completa

viernes, 11 de diciembre de 2020

Presentación dun novo libro sobre Romasanta

 


A Diputación presentou onte en Regueiro (Esgos) unha obra que analiza en profundidade o caso do home lobo: "Romasanta. Historia real de una leyenda".

Acudiron á presentación o presidente da Deputación José Manuel Baltar, Mario Rodríguez (alcalde de Esgos) e os coordinadores desta nova publicación: o xornalista José Domínguez e o profesor de dereito Roberto Bustillo. 

No acto tamén estivo presente o actor Marcos Vázquez caracterizado coma na película Luarada, na que deu vida ó home-lobo.

En poucos días teremos exemplares do libro na biblioteca municipal.








jueves, 10 de diciembre de 2020

Premio María Moliner 2020



Nuestra biblioteca ha sido seleccionada como una de las ganadoras de los Premios María Moliner 2020.

El premio consiste en 2.000€ para compra de libros para la biblioteca.

Estos premios los otorga el Ministerio de Cultura y Deporte y en ellos se premia a aquellas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que lleven a cabo un proyecto único que incluya acciones de animación a la lectura, la eficiencia y labor bibliotecaria, que incorpore a usuarios y usuarias en el diseño y la programación de las actividades, la especial atención a colectivos con dificultades para el acceso a la lectura, incluyendo acciones que incentiven la convivencia social e intergeneracional, la realización de actividades que promuevan la concienciación medioambiental, su originalidad e innovación y que las actividades tengan continuidad a lo largo del año.

Más información

lunes, 7 de diciembre de 2020

XXI Concurso de postais de Nadal


  • Concurso dirixido a nenos e nenas de 0 a 14 anos.
  • Tipos de postais:
    • Postais físicas nas que se poderá empregar todo tipo de materiais (cartulina, algodón, goma eva, material reciclado...)
    • Postais virtuais: fotografías, TicTok, vídeos curtos... 
  • A postal deberá levar o nome e a idade.
  • Deberanse entregar antes do 28 de decembro nas oficinas municipais ou por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com 

Co material recibido elaboraremos un vídeo que se difundirá a través das redes sociais.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Ponte festiva

O luns 7 de decembro a biblioteca permanecerá pechada ao público.

Desculpen as molestias

miércoles, 25 de noviembre de 2020

#25N: Día internacional contra a violencia de xénero



Dende o Concello de Esgos manifestamos o noso rexeitamento ante todo tipo de violencia, e de xeito específico, o noso compromiso coa erradicación da violencia exercida contra as mulleres.

Os establecementos do noso concello únense a nós para visibilizar a pandemia da violencia machista lucindo MASCARAS VIOLETAS.


lunes, 16 de noviembre de 2020

Máscaras gratuitas para familias con rentas baixas

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade distribuirá máscaras gratuitas entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da consellería de Cultura e en centros privados concertados.

  • Beneficiarios:

- O alumnado que xa fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

  • Prazo:

Do 16 ao 27 de novembro

  • Solicitudes: 

Nos centros educativos

A información completa pode consultarse no DOG 

viernes, 13 de noviembre de 2020

Préstamo de ordenadores a escolares



O concello de Esgos pon en marcha un novo servizo de préstamo de ordenadores dirixido a nenos e nenas que non dispoñan de ordenador, e que por enfermidade ou confinamento por covid o precisen para seguir a súa formación académica dende os seus fogares.

Este servizo englóbase proxecto "Material tecnolóxico nas escolas rurais de Adercou"

Ademais tamén seguiremos ofrecendo dende a biblioteca o servizo de impresión de tarefas escolares.


miércoles, 4 de noviembre de 2020

Como buscar no catálogo online da biblioteca?

Buscar un exemplar no catálodo da biblioteca é moi sinxelo. A continuación detallamos como buscar en só 3 pasos: 

1. Entrar en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

2. Podemos buscar por autor, título, palabra clave... elixindo no despregable a opción que queiramos. 

No recadro que indica "escriba o termo de busca" escribimos o que estamos a buscar e no recadro que indica "comece a escribir o nome da biblioteca" escribimos "Esgos" e eliximos a biblioteca de Esgos (Se non indicamos a biblioteca, buscará en todas as bibliotecas da rede).




Por exemplo, supoñamos que queremos buscar un libro sobre plantas medicinais na biblioteca de Esgos:






3. Prememos en buscar e aparecerá un listado cos libros dispoñibles:


Y si no encuentras lo que buscas, no dudes en preguntarnos