miércoles, 31 de agosto de 2016

Excursión a Combarro para mozos e mozas


A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Esgos organiza para o domingo 18 de setembro unha excursión a Combarro (Pontevedra) para mozos e mozas de entre 15 e 35 anos.

As inscricións poden facerse nas oficinas municipais, na biblioteca, por correo electrónico ou a través do facebook do Concello antes do 12 de setembro. A reserva de prazas farase por riguro orde de inscrición, con preferencia para os empadroados neste concello.

Prezos: 20 € para os empadroados e 25€ non empadroados.

Inclúe: viaxe en autobús, visita pola vila de Combarro, ruta en barco pola ría e tempo de lecer.
Non inclúe o xantar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escriba o seu comentario no recadro que aparece a continuación. E os caracteres que aparecen na imaxe no recadro que está a continuación.
Se non quere poñer o nome faga clic en "Anonimo" e se quere poñelo faga clic en "Nombre/URL".

Despois faga clic en "Publicar comentario".