Os nenos e nenas poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos a duas actuacións de contacontos, unha en maio e outra en setembro, enmarcadas no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
As actuacións que poderán desfrutar serán:
- Conto contigo: espectáculo con contacontos, títeres, maxia e animación (no mes de maio)
- Contos do Mundo: Unha viaxe polo mundo a través dos contos. Este ano visitamos América Central (no mes de setembro)
Cando se vaian aproximando as datas de celebración voltaremos a facer publicidade destas actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Escriba o seu comentario no recadro que aparece a continuación. E os caracteres que aparecen na imaxe no recadro que está a continuación.
Se non quere poñer o nome faga clic en "Anonimo" e se quere poñelo faga clic en "Nombre/URL".
Despois faga clic en "Publicar comentario".