O concello de Esgos colabora con esta campaña e para iso pon a disposición dos veciños nos baixos do concello, unha urna onde depositar dunha forma sinxela e gratuíta os móbiles en desuso (en funcionamento ou non), para reciclar elementos útiles e dispor axeitadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio.
Ademais, a recollida de móbiles permite recadar fondos para programas de educación e conservación en R. do Congo, como o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí, o Instituto Jane Goodall coida de máis de 140 chimpancés rescatados, a gran maioría chegada en pésimas condicións tras ser comisados a cazadores, traficantes ou particulares.
Máis información no concello, na biblioteca e en www.movilizateporlaselva.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Escriba o seu comentario no recadro que aparece a continuación. E os caracteres que aparecen na imaxe no recadro que está a continuación.
Se non quere poñer o nome faga clic en "Anonimo" e se quere poñelo faga clic en "Nombre/URL".
Despois faga clic en "Publicar comentario".