jueves, 7 de enero de 2010

Os Reis Magos visitaron ós rapaces de Esgos

O martes pola mañá, víspera do dia de Reis, as suas maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron ós nenos do concello.

Deixaron os camellos nunha cuadra próxima e un empregado do concello foi a recoller a Melchor, Gaspar e Baltasar para achegalos ata a praza da Souteria, onde os agardaban os nenos.


Repartiron ó chegar caramelos, piruletas, globos, etc

Tamén entregaron os premios do "X Concurso de postais" e unhos agasallos a todos os nenos presentes: puzles dos Bolechas no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Estes puzles ainda nos sairon ó mercado, pero os nenos de Esgos xa poden disfrutar deles en primicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Escriba o seu comentario no recadro que aparece a continuación. E os caracteres que aparecen na imaxe no recadro que está a continuación.
Se non quere poñer o nome faga clic en "Anonimo" e se quere poñelo faga clic en "Nombre/URL".

Despois faga clic en "Publicar comentario".