miércoles, 30 de noviembre de 2016

Campaña de recollida de alimentos e xoguetes

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense van levar a cabo este Nadal, xunto co banco de alimentos, unha "CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E XOGUETES" en casas do concello, supermercados, colexios, asociacións de veciños, etc.

A AVPC do Concello de Esgos vai colaborar nesta campaña e a biblioteca municipal será o PUNTO DE RECOLLIDA donde poderás deixarnos Alimentos (preferiblemente non perecedeiros: aceite, leite, pastas, legumbres, etc) e tamén Xoguetes en bo estado.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Dia internacional contra a violencia de xénero na biblioteca

A asociación Xarela estivo hoxe na biblioteca informando ós usuarios sobre a violencia de xénero por mor do día internacional contra a violencia de xénero.



Repartiron información e lazos brancos para conmemorar este dia.

lunes, 14 de noviembre de 2016

Dia Internacional contra a Violencia de Xénero

Co gallo da celebración o vindeiro 25 de novembro do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero levaremos a cabo no concello unha serie de actividades organizadas por "Xarela Formación - Animación".








  • Data: luns 21 de novembro
  • Horario: 16:00 a 18:00 horas 
  • Lugar: Biblioteca Municipal
  • Actividades: Mesa informativa, reparto de folletos e lazos e exposición sobre a problemática da violencia de xénero.
  • Destinatarios: todos os públicos.