jueves, 23 de junio de 2016

Clausura do curso de xadrez



Onte clausurouse o curso de xadrez que puxo en marcha a Deputación de Ourense en Esgos.
Os nenos e nenas participantes  recibiron un diploma e un trofeo pola sua participación.

miércoles, 22 de junio de 2016

Piscinas municipais

As piscinas municipais abrirán o xoves 23 de xuño, en horario de 12:00 h a 21:00 h

Como ben sendo costume o horario da biblioteca cambiará coa apertura das piscinas, así que a biblioteca durante o verán estará aberta de 11:00 a 14:00 horas a partir do luns 27 de xuño.

lunes, 20 de junio de 2016

Contos con Miró

O pasado venres puidemos desfrutar na biblioteca do obradoiro "Contos con Miró" dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito"



Despois de escoitar un conto, identificamos as personaxes, as paisaxes, etc para elaborar con todo elo un mural basado no surrealismo.





E este foi o resultado:



miércoles, 15 de junio de 2016

Campamento de verán

O Concello de Esgos desenvolverá un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2016 (xullo e agosto). Este programa comprende un conxunto de actividades destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Esgos:
  • O servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras. O horario será de 9:00 a 10:30 horas

  • O campamento de verán, dirixido a nenos e nenas empadroados neste concello e a nenos e nenas residentes neste concello durante o verán. O horario do campamento será de 10:30 a 13:30 horas

As prazas son limitadas e terán preferencia os nenos e nenas empadroados neste concello.
O prazo de inscrición ábrese o 15 de xuño e pecharase o 30 de xuño.



Máis información nas oficinas municipais e na biblioteca.

jueves, 9 de junio de 2016

Obradoiro de contos con Miró



Dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito", o venres 17 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca, os nenos e nenas de entre 6 e a12 anos poderán asistir ó "Obradoiro de contos con Miró".


martes, 7 de junio de 2016

Campamento Explora Ourense

Outro ano máis, o Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural do Xurés.

Este campamento, que está organizado por Sustinea e a Deputación de Ourense, desenvolverase do 1 ao 7 de agosto ( 12 a 14 anos) e do 8 ao 14 de agosto (9 a 11 anos) no Complexo do Corgo, en Muíños e con un prezo de 88 euros.

O campamento achegará aos seus participantes algúns dos recunchos máis fermosos da paisaxe galega, así como actividades en contacto directo coa natureza, roteiros no Parque Natural, tiro con arco, etnografía pola Aldea de Salgueiro, xeocaching, actividades náuticas, vivaque e moito máis que irán descubrindo no corazón da Reserva da Biosfera do Xurés.

Para máis información e inscricións podedes consultar a web www.exploraourense.com, no correo info@exploraourense.com ou no teléfono 988.782.964.

O prazo de solicitude de prazas remata o 20 de xuño. O sorteo será o 28 de xuño ás 11:00 da maña no Centro Cultural.