jueves, 31 de marzo de 2016

Curso básico de protección civil

¿Queres facer o curso básico de protección civil?

A Academia Galega de Seguridade convoca tres edicións do curso básico para a provincia de Ourense. 

O curso realizarase preferentemente en fins de semana e en horario de mañá e tarde. O lugar e data concreta de cada edición anunciarase con suficiente antelación.

Máis información e inscripcións nas oficinas municipais e na biblioteca.

martes, 22 de marzo de 2016

Mes do puzzle

Marzo é o mes do puzzle na biblioteca. Xa rematamos o primeiro, de 1000 pezas:


  

E agora comezamos o segundo:


martes, 15 de marzo de 2016

Competencias clave

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

O prazo para inscribirse remata o 2 de abril.
As probas dos dous niveis serán o sábado día 21 de maio de 2016
O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra).

Toda a información está publicada en http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave onde tamén podes atopar os exames das convocatorias anteriores.

lunes, 14 de marzo de 2016

Cea do Dia da Muller


A Asociación de Mulleres Rurais de Esgos “ Os Picotiños”  organiza unha cea co fin de festexar o día  da Muller.
  • DATA: sábado 2 de Abril 
  • HORA: Ás  22:00 horas.
  • LOCAL: Restaurante Alto do Couso
  • PREZO: Socias 15 € e non socias 20 € (Para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2016)
Anótate antes do 31 de Marzo , chamando ó teléfono do Concello: 988 29 00 00 (preguntar por Angeles), na biblioteca ou falando con Noemí ou Chus.

Haberá  agasallo para tódalas asistentes

¡¡ XA SABES NON TE QUEDES PARADA E PARTICIPA !!
FAITE SOCIA. ESPERÁMOSTE

martes, 8 de marzo de 2016

Iniciativa Xove

Xa está en marcha a convocatoria 2016 do programa Iniciativa Xove,  da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Iniciativa Xove consiste nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas, poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

lunes, 7 de marzo de 2016

Dia Internacional da Muller

Pola celebración o 8 de marzo do Dia da Intenacional da Muller, na biblioteca imos facer un mural con notas de papel coas mensaxes, imaxes, debuxos, etc dos usuarios da biblioteca homenaxeando á muller en xeral, ou a unha en concreto (veciña, nai, escritora, deportista, etc).

Se non podedes pasar pola biblioteca, pero queredes participar nesta actividade, podedes facernos chegar a través do Facebook, do Twitter ou do correo electrónico (esgostelecentro@gmail.com) a mensaxe que queredes engadir.


jueves, 3 de marzo de 2016

Comeza o taller de exercitación da memoria

Hoxe comezamos unha nova edición do taller EXERCITACIÓN DA MEMORIA, que se impartirá os xoves ás 18:15 horas no local social de O Pinto. 

Esta actividade é gratuita e está dirixida a todos os veciños e veciñas sen límite de idade, e ainda estás a tempo de participar.