domingo, 31 de enero de 2016

Programación do Entroido 2016



PERCORRIDO FELOS E MADAMAS: Domingo 7 de febreiro



SAÍDA DE ESGOS ÁS 9:30 h

09:40h -  TARREIRIGO
10:15h -  VILAR
11:00h -  LOBACES
11:40h -  GOMARIZ
12:10h -  LOÑA DO MONTE
12:40h -  CERNADA
13:10h -  QUINTA DO MONTE
13:40h -  MELON ALTO
14:10h -  MELON BAIXO
14:40h -  MEIROÁS
15:10h -  TOUZA
15:40h -  FONDODEVILA - CASANOVA
16:00h -  PARDECONDE
16:30h -  PARADELA
17.00h -  ALTO DO COUSO
17:30h -  ESGOS (desfile e concurso na praza da Souteira)
19:00h – Residencia de maiores de Esgos


NOTA: Os horarios de chegada a cada pobo son aproximados, dependendo do tempo e do retraso que poida haber dende a saída.


DESFILE E CONCURSO: Domingo 7 de febreiro ás 17:30 h na praza da Souteira, Esgos.


Premios Individuais:
  • 1º individual: 40 € 
  • 2º individual: 20 € 
  • 1º individual Infantil: 40 € 
  • 2º individual Infantil: 20 € 
Grupos reducidos
  • 1º premio: 60 € 
  • 2º premio: 40 €
  • 3º premio: 20 €
Premios especial carrozas e grupos numerosos:
1º clasificado: 100 € + Xamón
2º clasificado: 80 € + Cachucha
3º clasificado: 70 € + Lacón

miércoles, 13 de enero de 2016

Escola de xadrez en Esgos

A Deputación de Ourense pon en marcha en Esgos a Escola Deportiva de xadrez, dirixida a e nenos/as e mozos/as de entre 6 e 18 anos.


Como é coñecido, o xadrez constitúe un medio idóneo para o desenvolvemento dunha serie de factores que interveñen directamente na formación dos máis xóvenes: cálculo mental, manexo e utilización de elementos xeométricos, concentración, imaxinación, creatividade, intuición, repeto, empatía, xustiza, paciencia, etc.

De xaneiro a xuño, 1 día á semana cun custe de 9€/mes

Máis información nas oficinas municipais ou na biblioteca. Teléfono 988290000


lunes, 11 de enero de 2016

Diccionario galego en liña

A Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía o acceso gratuíto ao dicionario en liña Digalego http://digalego.xunta.gal/digalego/





O Digalego contén máis de 65.000 entradas, o que o converte nunha das ferramentas máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego.


Con esta iniciativa búscase promover o uso do galego entre todos os sectores profesionais, así como a aprendizaxe de outras linguas desde o idioma propio de Galicia e a difusión exterior do galego