jueves, 27 de noviembre de 2014

Mes do puzzle



Novembro está a ser o mes do puzzle na biblioteca. Comezamos facendo pequenos puzzles de Os Bolechas, de animais, etc, pero agora xa nos atrevemos con algunhos de 400 pezas.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Presentación da monografía "Petróglifos inéditos da comarca de Ourense e Allariz-Maceda"


O venres 5 de decembro ás 20:30 horas presentarase no Centro Cultural "Parada Justel" en Esgos, a monografía Nº2 da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega): Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda, de José Antonio Gavilanes.

Intervirán José Antonio Gavilanes, autor do libro e  Miguel Losada, secretario da SAGA.

Esta monografía, na que aparecen petróglifos de Esgos pódese consultar xa na biblioteca.

martes, 25 de noviembre de 2014

25 de novembro: Dia Internacional contra a violencia de xénero

O presentador Xose Ramón Gayoso e o humorista David Amor poñen rostro á campaña da Xunta contra a violencia de xénero



lunes, 24 de noviembre de 2014

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Libros de Geronimo Stilton


Ampliamos o catálogo da biblioteca coa compra dun pequeno lote de libros de Geronimo Stilton, que seguro serán do agrado dos pequenos lectores.

lunes, 17 de noviembre de 2014

Compostaxe doméstica

Sogama continúa o seu programa de compostaxe doméstica entre outros, no concello de Esgos.

A compostaxe doméstica non é outra cousa que a reciclaxe dos restos orgáncicos do fogar, converténdoos nun abono natural que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.

Os veciños interesados en participar no programa deberán solicitalo nas oficinas municipais e se cumpren os requisitos esixidos por Sogama e se comprometen co programa, recibirán un compostador.

Dispoñemos de unidades limitadas de compostadores, así que se asignarán ós veciños por orde de solicitude.

sábado, 15 de noviembre de 2014

Fotos do taller de defensa pesonal

A asociación de mulleres "Os Picotiños" impartíu hoxe un curso de defensa persoal moi interesante.


Aprenderon sobre autoestima, evitar os conflictos, evitar os perigos e a defenderse dun posible ataque.

lunes, 10 de noviembre de 2014

Próximas actividades da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños"

A asociación "Os Picotiños" fai un resumo das actividades levadas a cabo durante este ano:

E faltan por realizar:
  • Xornada de defensa persoal (sábado 15 de novembro)
  • Xornada sobre hábitos nutricionais (sábado 29 de novembro)
  • Taller de tecido con tear (II) (sábado 13 de decembro)

Estas actividades son exclusivas para socias. Xa sabes, faite socia e participa!


viernes, 7 de noviembre de 2014

Excursión á comarca do Ribeiro

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, promove o proxecto "Coñece a provincia de Ourense", para a dinamización turística da provincia. Dentro deste proxecto, organízanse excursións a distintos xeodestinos da provincia, no noso caso, visitaremos a comarca do Ribeiro - Carballiño.

  • Data: domingo 23 de novembro
  • Horario: saída ás 10 horas de Esgos e regreso ás 19 horas
  • Inclúe: autocar, guía e degustación de productos da zona
  • Prezo: gratuito

Inscricións ata o xoves 20 de novembro nas oficinas municipais. Reservaránse as prazas por orde de inscrición.

jueves, 6 de noviembre de 2014

Obradoiro de autodefensa

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero e pola conmemoración deste dia, a Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" convoca a todas as socias a un obradoiro de autodefensa.


  • Data: sábado 15 de novembro
  • Horario: de 17:00 a 19:00 horas
  • Lugar: Centro Cultural Parada Justel, en Esgos