miércoles, 27 de agosto de 2014

Donación da comisión de festas de Esgos

A comisión de festas de Esgos 2014 donou para a biblioteca municipal o material que compraron para o concurso de debuxo infantil.

Moitas grazas!

martes, 26 de agosto de 2014

Educamóbil

O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o martes 2 de setembro pola mañá, de 9 a 13 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

jueves, 14 de agosto de 2014

Presentación de: "Coñece Esgos. Descubre a historia"


A Deputación de Ourense o Concello de Esgos e Teófilo Comunicación presentan o xoves día 21, nun acto que se desenvolverá a partir das 19.00 horas no Centro Cultural Parada Justel de Esgos (Ourense), un libro que ten coma protagonista ao Concello de Esgos.
A presentación da publicación contará coa presenza do alcalde do Concello, Mario Rodríguez González, do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar e do editor, José Luis Teófilo Piñeiro. O libro leva por título “Coñece Esgos, Descubre a historia”, amósanos a beleza e a fermosura dun concello que se descobre desbordante de recunchos e encantos secretos. Unhas imaxes que teñen voz propia e tantas interpretacións como poida inspirar a imaxinación de todos os que gozan cada día das innumerables paisaxes de Galicia.
En cada unha destas instantáneas sentimos a pegada da nosa orixe, da nosa tradición, da nosa cultura. Un Esgos forxado con pedra, madeira e ferro. Unha vez máis o fotógrafo Alberte Peiteavel a través do seo obxectivo amósanos a fermosura da nosa terra, nesta ocasión, do Concello de Esgos que sobrecolle pola súa beleza e historia.
A presentación contará coa interpretación musical de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas.

miércoles, 6 de agosto de 2014

Encontro Intercultural Europeo entre mozos da Bretaña francesa e galegos


12 mozos da Bretaña francesa e 12 Galegos, de entre 14 e 17 anos, convivirán durante 9 dias no concello de Parada de Sil. Unha experiencia internacional nunha paraxe como é a Ribeira Sacra, para descubrir a identidade cultural e a riqueza da tradición local. Trátase dun encontro que se encadra no Programa Erasmus+.
  • Lugar: concello de Parada de Sil
  • Data: do 22 ao 30 de agosto de 2014
  • Condicións: rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos
  • Prezo: 150€ todo incluido
  • Actividades que se realizarán: kayaks, sendeirismo, visitas culturais, xogos tradicionais, proxecto de radio, escavacións arqueolóxicas e xogos na natureza.
É un intercambio bilateral, polo que o grupo de rapaces galegos que participen neste intercambio, para o ano terán a opción de viaxar ata a Bretaña Francesa e coñecer a súa cultura.
Máis información e inscricións no teléfono 696481987 e no correo inscripciones@afabricadaluz.com

lunes, 4 de agosto de 2014

APP de SOGAMA para separar os residuos correctamente

SOGAMA crea unha app para smarthphones para axudar aos cidadáns a separar correctamente os seus residuos.

  • Adaptada a teléfonos móbiles con sistema operativo Android e IOS (iPhone), instruirá aos usuarios sobre a clasificación das distintas fraccións de refugallos e axeitado depósito das mesmas nos contedores de recollida selectiva habilitados nas vías públicas. 
  • A aplicación recolle información detallada acerca dos residuos a introducir en cada recipiente e circuíto que estes deben percorrer para facilitar o seu posterior reciclado. 
  • Dispón igualmente dun apartado "Sabías que... " no que se inclúen datos e curiosidades de interese no ámbito da concienciación e sensibilización social en materia de medio ambiente. 
  • Así mesmo, a poboación terá a oportunidade de poñer a proba os coñecementos adquiridos a través dun xogo no que se debe identificar o residuo que aparece en pantalla e o contedor de destino. A máis acertos, máis puntos.

Link activo en Apple e iPad:
https://itunes.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewSoftware?id=899992625&mt=8 

Link activo en Android:
https://play.google.com/store/apps/details?id=gl.sogama.app&hl=es