martes, 13 de mayo de 2014

Dia das Letras Galegas e Dia de Internet

O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas e o homenaxeado deste 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Este mesmo día tamén se celebra o Dia de Internet, así que para celebralo, na biblioteca temos preparadas varias actividades para esta semana.

Tomando como base o logo do dia de internet faremos unha "rede das palabras": cada un/unha dos usuarios da biblioteca escribirá nunha das flechas a palabra en galego que queira, pode ser unha que lle guste, unha que escolla do diccionario, etc.

Tamén leeremos algunhos poemas de Xosé María Díaz Castro e teremos un taller de poesía infantil en galego.

viernes, 9 de mayo de 2014

jueves, 8 de mayo de 2014

Chala sobre "normas e límites, educación en positivo"

Hoxe puidemos asistir en Esgos a unha moi interesante charla sobre "normas e límites, educación positiva" impartida pola Asociación Xarela dentro do programa de apoio ás familias.