lunes, 31 de marzo de 2014

Concurso de deseño de selos de Correos

"Disello" é un concurso no que podes demostrar o teu talento deseñando un selo para Correos.

Categorías:
  • Categoría xeral: Aberta a residentes en España maiores de 18 anos á data de inicio do concurso. Con temática libre.
  • Categoría xuvenil: Para residentes en España con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos. A temática versará sobre a vindeira celebración do "Ano Internacional da Luz" declarado pola ONU para o 2015.


Premios: Contémplase un total de 4 premios, dous por categoría.

  • Primeiro premio: producción e emisión dun selo de tirada nacional co deseño do ganador/a, o seu nome e primeiro apelido en 2015  e unha viaxe para dúas persoas a París onde se celebrará o Salón Internacional de Filatelia 2015.
  • Segundo premio: pregos de deseño do participante e unha tablet valorada en 400 euros.

Data límite de presentación: 30 de setembro de 2014.
Máis información: http://www.disello.com/es/participa/

viernes, 28 de marzo de 2014

Campamento educativo durante a Semana Santa

Dentro do programa de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Esgos, durante as vacacións de Semana Santa os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poderán participar nun campamento educativo.
  • Datas: luns, martes e mércores de Semana Santa.
  • Horario: de 10:00 a 14:00 h
Para poder participar é imprescinble anotarse previamente no concello ou na biblioteca.


miércoles, 26 de marzo de 2014

Axudas para contratar o acceso á Internet de banda larga vía satélite

Está aberta xa a terceira convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder á Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.

O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do router wifi, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.

As persoas interesadas na contratación deste servizo poden facelo a través de calquera das empresas acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia.

O prazo para a solicitude das axudas comeza mañá e rematará o día 30 de agosto.

Toda a información pode consultarse no DOG

lunes, 24 de marzo de 2014

Ler conta moito


Os nenos e nenas poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos a duas actuacións de contacontos, unha en maio e outra en setembro, enmarcadas no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.



As actuacións que poderán desfrutar serán:
  • Conto contigo: espectáculo con contacontos, títeres, maxia e animación (no mes de maio)
  • Contos do Mundo: Unha viaxe polo mundo a través dos contos. Este ano visitamos América Central (no mes de setembro)
Cando se vaian aproximando as datas de celebración voltaremos a facer publicidade destas actividades.

viernes, 21 de marzo de 2014

Dia mundial da marioneta

Hoxe estivemos facendo marionetas na biblioteca para celebrar o dia mundial da marioneta.
Cada neno e nena escolleu unha, pintouna, recortouna e cun pouco de axuda uniron as pezas.

Tamén hoxe é o dia internacional da poesía, así que intentamos que cada un lera unha pequena poesía porque o tempo non deu para máis.

jueves, 20 de marzo de 2014

Charlas socioeducativas de orientación familiar

Dentro do programa de apoio ás familias da Consellerá de Traballo e Benestar, a Asociación Xarela impartirá en Esgos 2 charlas dirixidas a familiares de nenos, nenas e adolescentes.

Charla: Os perigos de internet e as redes sociais
Data: xoves 3 de abril
Hora: 18:30 a 20:30 h
Lugar: Centro cultural Parada Justel

Charla: Normas, límites e educación positiva
Data: xoves 8 de maio
Hora: 18:30 a 20:30 h
Lugar: Centro cultural Parada Justel

Inscrición gratuita nos Servizos Sociais do Concello.

sábado, 15 de marzo de 2014

Curso de telar maia

Máis de 20 mulleres asistiron hoxe ó curso de tear maia que impartía a asociación de mulleres "Os Picotiños".

Aprenderon o manexo deste singular tear e a realizar varios puntos diferentes, e para que sigan practicando, cada unha levou un tear e unha madeixa de la para a súa casa.

A media tarde, as profesoras quixeron convidar a todas a infusión e pastas.
                  

viernes, 14 de marzo de 2014

Probas de avaliación en competencias clave para certificados de profesionalidade

A Dirección Xeral de Emprego e Formación convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega. 
  • Comunicación en lingua castelá. 
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés). 
  • Competencia matemática. 


O prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o 10 de abril de 2014. As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A Máis información no DOG do 14 de marzo de 2014

Lembrarvos que no noso concello se van impartir clases para preparar estes exames, así que si estás interesado en asistir, debes comunicalo o antes posible na biblioteca ou no concello.

lunes, 10 de marzo de 2014

Cea do dia da muller traballadora

Este ano as Mulleres Rurais de Esgos “OS PICOTIÑOS” celebraron o pasado sábado dia 8 o día da Muller Traballadora no castelo de Maceda.

Visitaron as instalacións, cearon no salón "A Torre" e finalizaron a noite cunha sesión de baile.