miércoles, 29 de mayo de 2013

Proxecto de voluntariado

Dende o concello estamos intentando poñer en marcha un proxecto de voluntariado do Servizo de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinado a mozos de entre 16 e 30 anos. O proxecto enmarcarase dentro das accións ambientais, aínda que se admiten suxerencias e levaríase a cabo durante un mes do verán.

Cada voluntariado contará con 6 euros por xornada, en concepto de transporte e manutención.

Os participantes recibirán ó finalizar unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

Os interesados en participar deberán comunicalo no concello ou na biblioteca.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/ ou  no DOG

jueves, 16 de mayo de 2013

Dia das letras galegas

Cada 17 de maio, Galicia homenaxea a un autor, este ano a Roberto Vidal Bolaño, para honrar así á nosa lingua.

Na biblioteca podedes atopar varias obras de Roberto Vidal Bolaño como:

  • Bailadela da morte ditosa (sete baileretadas de amor e unha de morte)
  • Cochos: relatorio valeroso en dous tempos, un prólogo, e un epílogo, para porca e actor en cativerio 
  • Saxo tenor 

Todos os que acudan hoxe á biblioteca e consulten ou leven en préstamo un libro en galego, recibirán outro libro en galego a modo de agasallo.

lunes, 13 de mayo de 2013

Rallye de clásicos e Rallye de antiguos


O sábado 8 de xuño ás 19:00 horas, circularán por Esgos os vehículos do XIX Rallye de Clásicos e do X Rallye de Antiguos de Ourense.

Os vehículos tomarán a saída na fonte de Pazos, en Esgos e pasarán pola Souteira, Cima de Vila, Chaveiro e Camiño vello para despois continuar pola estrada ata o cruce de Lampazas. Subirán cara a zona da canteira e baixarán a Regueiro para voltar a Esgos pasando pola cruz da Lama e a Parrocha.


Por seguridade procederase ó corte das rúas polas que discurre a caravana de vehículos entre as 18:30 e as 19:15 horas do sábado 8 de xuño



viernes, 3 de mayo de 2013

Clases de pilates

A partir do luns 13 de maio, durante os meses de maio e xuño, dentro das actividades da Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños", impartiranse clases de pilates:

Os luns no local social de O Pinto e os xoves no local social de Esgos, de 20:15 a 21:30 horas.

Xa sabes... anímante e participa!