jueves, 27 de diciembre de 2012

Lecer no Nadal

Dentro das actividades de Nadal deste ano, tivo lugar onte pola tarde, no local social de Vilar, un obradoiro de manualidades e xogos populares:



Rematamos a xornada cunha gran chocolatada:

sábado, 22 de diciembre de 2012

Especial de Nadal en La Región

No especial de Nadal que se publica hoxe no xornal "La Región" pódese ler a nova sobre as actividades de Nadal que se celebran neste concello.


Na foto publicada pódense ver algunhas das participantes no obradoiro de adornos de Nadal cos seus traballos.

jueves, 20 de diciembre de 2012

Vacacións de Nadal para as clases de reforzo

Os nenos que asisten ás clases de reforzo escolar que se están a impartir en Esgos, collerán dúas semanas de vacacións, coincidindo co calendario escolar.

As clases retomaránse o martes 8 de xaneiro, no mesmo horario.

Tamén damos hoxe por finzalizado o curso de iniciación á informática e internet no que participaban estes nenos.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Horario da biblioteca no Nadal

Durante as vacacións de Nadal a biblioteca estará pechada pola tarde. Os usuarios que desexen facer uso dos ordenadores do telecentro durante os días laborables que a biblioteca estará pechada, poderán facelo en horario de mañá comunicándoo nas oficinas municipais.

A modo de resumo, inclúo tamén neste calendario as actividades de Nadal:


Desculpade as molestias, e pasade un bo Nadal!!!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Manualidades de Nadal


O pasado venres pola tarde, dentro das actividades do Nadal, tivemos un obradoiro de adornos navideños no que os nenos elaboraron pequenos "paquetes sorpresa" decorados con papel de cores, estrelas de papel para adornar portas ou ventás e portavelas de cristal con estrelas e purpurina.

Os paquetes sorpresa estaban feitos cos tubos do papel hixiénico forrado de cores e dentro levaban un bombón. As estrelas, simplemente se fan recortando e pegando papel de cores e para os portavelas reciclamos vasos de cristal dos iogures e adornámolos con purpurina e estreliñas de cores.