viernes, 28 de septiembre de 2012

Taller de búsqueda de emprego 2.0

Voltamos a poñer en marcha na biblioteca outro obradoiro de búsqueda de emprego a través de Internet. Trataranse os seguintes temas:

  • Currículum
  • Búsqueda de emprego a través de internet
  • Redes sociales e redes profesionales

Máis información na biblioteca.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Cursos para desempregados

En outubro comezará en Esgos o curso "Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería" de 348 horas de duración dirixido a persoas desempregadas.

Tamén en Rioseco se vai impartir un curso "Operario de maquinaria de excavación" que comezará a finales de setembro e no que poden participar tanto persoas empregadas como desempregadas.

Os interesados en facer algún destes cursos deben pasar polo Concello para informarse ou chamar ó teléfono 988290000.

viernes, 14 de septiembre de 2012

Fin da temporada de verán

O vindeiro domingo dase por finalizada a temporada de verán co peche das piscinas municipais.

Como é costume tamén, a biblioteca voltará a abrir polas tardes, de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas. Agardámosvos!!!!

jueves, 13 de septiembre de 2012

Entrega de tapóns en Seur

O concello de Esgos colabora coa Fundación Seur na campaña de recollida de tapóns "Tapóns para unha nova vida".

Hoxe entregamos na central de Seur en Ourense, en Seixalvo, os tapóns recollidos durante o verán.




Gracias a todos os que colaborastes!!!

viernes, 7 de septiembre de 2012

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Xoves, 27 de setembro
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

lunes, 3 de septiembre de 2012

Obradoiro: Acompañamento na dependencia


Cruz Vermella porá en marcha en Esgos un proxecto dirixido principalmente a persoas maiores, especialmente a aquelas que teñan ó seu cargo a algún dependente.

Este proxecto consiste en 3 obradoiros de hora e media cada un, nos que se expoñerá de maneira sinxela e por persoal especializado, a información necesaria para calquera persoa coidadora, agrupada en:

  • Axudas técnicas existentes no mercado e o seu funcionamento
  • Prestacións económicas e recursos existentes no entorno
  • Coidados básicos sanitarios (movilizacións, curas, …)


Lugar de celebración
Datas
Horario
Local social de Esgos
mércores 12, 19 e 26 de setembro

de 10 a 11:30 horas

Esta actividade é gratuita e para poder celebrarse é necesaria a asistencia dun número mínimo de persoas, así que todos os interesados deberán anotarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello antes do 11 de setembro.