viernes, 31 de agosto de 2012

Clausura do campamento de verán

Hoxe clausúrase o campamento urbano de verán que comezara o 1 de xullo e no que participaron 50 nenos.

Para rematar proxectamos as fotos que fixemos nas actividades do campamento: manualidades, guerra de globos de auga, visita á escola de adestramento canino, andaina, etc.

Os pais que queiran unha copia das fotos poderán pasar pedilas na biblioteca.

martes, 21 de agosto de 2012

Horario de festas

Biblioteca:
mércores 22, xoves 23, venres 24: de  11 a 13.30 horas
luns 27 e martes 28: pechada

Campamento de verán:
luns 27 e martes 28 non haberá campamento

Oficinas municipais: 
mércores 22, xoves 23, venres 24, luns 27 e martes 28 de 9 a 13.30 horas

lunes, 13 de agosto de 2012

O campamento urbano na escola de adestramento canino "Do Castelo"

O campamento urbano de Esgos trasladouse hoxe á escola de adestramento canino "Do Castelo" para que os nenos puideran visitar as instalacións.

Comezamos cun percorrido polas canceiras e despois puidemos desfrutar dunha pequena demostración con varios cans. Tamén aprenderon cómo achegarse sen perigo ós cans e como acaricialos. Para rematar todos puideron pasear a unha cadela.


viernes, 10 de agosto de 2012

Sábado de película...


A película VILAMOR proxectarase en Esgos.

Data: sábado 18 de agosto
Hora: 22:00 h.
Lugar: Praza da Souteira, Esgos.

Pódese consultar toda a información referente a esta película en http://www.vilamor.eu/ e en https://www.facebook.com/vilamorfilme

jueves, 9 de agosto de 2012

Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"


Dentro das actividades do campamento urbano de verán, o luns 13 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que NON haberá actividades para os nenos na praza da Souteira. 


Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán: 

  • Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma. 
  • Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos. 
  • Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)