viernes, 13 de enero de 2012

Esgos no Street View

A caraterística Street View de Google Maps permítenos ver panorámicas a nivel de calle das cidades e no caso do concello de Esgos, pódense ver panorámicas da OU-536, como estas:


Alto do Couso

Feirobal

Esgos

Tarreirigo


O Pinto


As Vendas

jueves, 12 de enero de 2012

Información turística

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ven de instalar no concello un punto de información turística.

Trátase dunha pantalla táctil dende a que se pode acceder de forma fácil a rutas de sendeirismo, mosteiros, restaurantes, etc dos distintos concellos que conforman a Ribeira Sacra.

jueves, 5 de enero de 2012

Os Reis Magos visitaron Esgos

Os Reis Magos visitaron ós nenos de Esgos o día 5 pola mañá. Foron recibidos polo alcalde ás portas do Concello e entregaron un pequeno agasallo a todos os asistentes. Tamén aproveitaron para entregar os premios do concurso de postais no que resultaron gañadores:


  • Menores de 3 anos: Fernando Rodriguez Gil
  • Entre 4 e 6 anos: Sara Diaz Rodriguez
  • Entre 7 e 9 anos: Anxo Rodriguez Tesouro
  • Maiores de 10 anos: Mario Gómez García

Pódense ver as fotos desta visita en http://www.concelloesgos.com/ e no facebook do concello