lunes, 23 de mayo de 2011

Entrega de diplomas do taller de memoria

O pasado xoves rematou o "Taller de memoria" que se ven impartindo no concello con moito éxito dende fai varios anos.

Silvia (traballadora social), Pedro (psicólogo encargado do taller) e Camilo (concelleiro) foron os encargados de entregar os diplomas ós asistentes a este taller.


Aproveitouse tamén este acto para mostrar fotos dos alumnos nos distintos talleres.

miércoles, 11 de mayo de 2011

V Andaina e carreira do concello de Esgos


O domingo 12 de xuño terá lugar a "V Andaina de Esgos" e "V Carreira de montaña subida Rocas - O Eirado".
  • O recorrido da carreira (campionato galego de montaña) é o mesmo de anos anteriores (14 km aprox.)
  • A andaina (20 km aprox.) deste ano varía o seu recorrido para visitar por primeira vez os pobos de Tarreirigo, Vilar, Lobaces, Gomariz e a Cernada.
Máis información en www.concelloesgos.com

martes, 10 de mayo de 2011

Letras galegas 2011

O 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" este ano adicado a Lois Pereiro.

En www.diadasletrasgalegas.com podedes ler toda a información sobre a vida e obra deste poeta.

Na biblioteca contamos con dous libros deste autor:
  • Poemas 1981/1991
  • Obra completa [Edición bilingüe]

miércoles, 4 de mayo de 2011

Obradoiro "Sacando as redes da pantalla"

O pasado venres 12 mozos e mozas do concello de entre 14 e 17 anos participaron no obradoiro “Sacando as redes da pantalla” do 'Quérote', que ten como obxectivo fomentar hábitos de uso responsable nas redes sociais.

Os participantes simularon sen ordenadores o funcionamento do Tuenti, rede social que usan habitualmente, para que así se parasen a pensar nos usos que fan destas redes (a quen aceptamos como amigo, que información publicamos no muro, que fotos publicamos, que implicacións pode ter compartir certa información ou certas fotos, a que grupos nos unimos, etc.)

Tamén se aproveitou a ocasión para informalos dos servizos que ofrece "Quérote" para a xuventude.