viernes, 24 de abril de 2009

Test para pasar o rato

Hoxe propóñovos para pasar o rato, realizar unhos test para comprobar a vosa intelixencia e a vosa rapidez mental.

O test de intelixencia consta de 10 preguntas. Tamén podedes intenter contestar ás preguntas de axilidade mental para comprobar a vosa rapidez mental.

jueves, 23 de abril de 2009

Dia do libro


Co gallo da celebración o 23 de abril do "Dia do libro" hoxe pola tarde, no telecentro regalaremos un libro a cada un dos usuarios que acudan a navegar por internet.

Esperamos que esta iniciativa sexa do agrado de todos.

viernes, 17 de abril de 2009

¿Como buscar traballo en internet?

O telecentro pon en marcha polas tardes, talleres individuais de búsqueda de emprego, nos que poderán participar as persoas que o soliciten.

Estes talleres teñen unha duración estimada de 4 horas, que se distribuirán como mellor conveña ó usuario.

Trataranse os seguintes temas:
  • Creación do curriculum
  • Visita a diferentes portais de búsqueda de emprego
  • Rexistro nun portal de búsqueda de emprego
  • Búsqueda de ofertas de emprego
Mais información no concello e no telecentro.

miércoles, 15 de abril de 2009

Curso "Coidador/a socio-sanitario de atención a persoas dependentes en institucións sociais"

Dende a semana pasada 10 mulleres participan no curso "Coidador/a socio-sanitario de atención a persoas dependentes en institucións sociais" no local social de O Pinto, en Esgos.

As persoas seleccionadas realizarán un itinerario formativo durante 5 meses, dos que 2 meses estarán adicados á formación teórica e os outros 3, á práctica. Para realizar a formación práctica as personas incorporaranse nunha empresa do sector e participarán directamente nas suas actividades diarias.

A formación teórica tamén inclúe un módulo de novas tecnoloxías.

viernes, 3 de abril de 2009

Excursión a O Grove (A Toxa)

A AA. de VV. Rocas (Esgos) e a AA. Rezomilo (Vilar) organizan unha excursión a O Grove (A Toxa) para o domingo 24 de maio.

A viaxe inclue:
  • Almorzo
  • Participación nunha amena demostración publicitaria (1 hora)
  • Comida
  • Visita ó porto do Grove, onde subirán a un barco acristalado para ir ata a ria de Arousa
  • Merenda na ria de Arousa
  • Visita a Illa de A Toxa e a sua fábrica de xabóns.

Prezo por persoa : 15 €

As reservas deben facerse antes do 15 de maio.