sábado, 28 de febrero de 2009

Tiro ó plato


Tiro ó plato en Esgos
  • Dia: Domingo 15 de marzo
  • Hora: De 11.00 a 19.00 horas
  • Lugar: Campo de tiro de Vilar (ó lado do campo de futbol do C.D. Rocas)
  • Tirada: 15 € (Cartuchos e comida incluidos)

viernes, 27 de febrero de 2009

Xuntanza de mulleres do concello de Esgos

A Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" está a organizar para o vindeiro dia 7 de marzo unha Xuntanza de Mulleres do Concello de Esgos no restaurante "Los Caracoles", co fin de festexar o dia da Muller Traballadora.

As interesadas deben anotarse antes do 5 de marzo chamando ó teléfono do concello 988290000 (preguntar por Angeles), na perruqueria Lua Chea (Esgos) ou falando con Noemí.
  • Data: Sábado 7 de marzo
  • Hora: 10 da noite
  • Lugar: Restaurante "Los Caracoles" (A Derrasa)
  • Prezo: 20 € socias, 30 € non socias

jueves, 26 de febrero de 2009

Taller de 060.es

O vindeiro xoves dia 12 de marzo ás 19.30 horas un monitor de red.es impartirá no telecentro de Esgos unha charla informativa sobre as ventaxas da páxina web www.060.es

Este taller só se impartirá este dia, así que esperamos que vos resulte interesante e que vos animedes a participar.

A través de www.060.es pódense realizar xestións como:
  • Pedir cita para o médico
  • Solicitar un informe de vida laboral
  • Consultar os puntos do permiso de conducir
  • Consultar datos catastrais
  • Pedir cita para renovar o DNI
  • Solicitar carné de familia numerosa

lunes, 23 de febrero de 2009

Domingo de entroido

O domingo de entroido os felos recorreron os pobos do concello como xa ven sendo habitual.Ás 5 da tarde xuntáronse na praza da Souteira cos demais veciños disfrazados para participar no desfile e no concurso de disfraces.

Primeiro premio: "Os velliños leiteiros"

Segundo premio: "Os manteros"

Terceiro premio: "Os indios"

viernes, 20 de febrero de 2009

Entroido no "Prescolar na casa"

Os nenos e nenas que asisten ó "Prescolar na casa" disfrazáronse a semana pasada para celebrar o entroido.

jueves, 19 de febrero de 2009

Curso de Atención a Persoas Dependentes. iNNOVA

Próximamente comezará no concello de Esgos un curso de "Atención a Persoas Dependentes" financiado polo plan iNNOVA.
Este curso vai dirixido a mulleres desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
Todas aquelas persoas interesadas en participar poden informarse nas oficinas do concello ou no teléfono 988290040.

Innova Empleo é un proxecto da Deputación Provincial de Ourense, cofinanciado polo Fondo Social Europeo que ten como obxectivo prioritario desenrolar actuacións de integración que favorezan o acceso a un posto de traballo a persoas dos colectivos más desfavorecidos ou con maiores dificultades de inserción ou reinserción laboral da provincia de Ourense, a través de cursos (Itinerarios Integrados de Inserción) específicos en cada un dos ámbitos de actuación.

Os cursos teñen unha duración de cinco meses, do que dous meses se adicarán a formación académica y tres meses a prácticas profesionais. Dentro da formación teórica recibirán tamén formación en novas tecnoloxias.

Os cursos do proxecto iNNOVA que se van a impartir na provincia son:
  • Atención a persoas en situación de dependencia.
  • Sector das enerxías renovables.
  • Transporte escolar e/ou de menores.
  • Sector Termal.
Máis información sobre o plan iNNOVA na sua web http://innova.depourense.es

lunes, 9 de febrero de 2009

Programa do Entroido 2009

O domingo 22 de febreiro pola mañá os felos recorreran os pobos do concello e pola tarde, ás 17.00 horas empezará o concurso de disfraces na praza da Souteira (Esgos).

PERCORRIDO DOS FELOS E MADAMAS

Entre as 9 e as 9.30 concentráranse os felos e madamas na Praza do Afiador (Esgos) e sairan en autobús cara Vilar. A continuación irán a Lobaces, Gomariz, Loña, Cernada, Quinta, Melón Alto, Melón Baixo, As Meiroás, A Touza, Fondo de Vila e Casanova.

Ás 17.00 horas participarán no desfile de carrozas e disfraces en Esgos.

Despois do desfile acudirán a: Lama, Pardeconde, Paradela e Alto do Couso (ás 21.00 horas aproximadamente).

DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES

Ás 17.00 horas celebrarase na Praza da Souteira (Esgos) o desfile de disfraces e carrozas, acompañados polos felos e as madamas e unha charanga.

Haberá regalos para os nenos disfrazados e merenda para todos os asistentes.

Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no concello antes do 20 de febreiro.

Premios do concurso:

  • Mellor traxe de felo: 50 €
  • Mellor individual: 40 €
  • Mellor grupo reducido (ata 8): 60€ + chourizos

Premio especial carrozas e grupos numerosos:

  • 1º clasificado: 100€ + xamón
  • 2º clasificado: 100€ + cachucha
  • 3º clasificado: 80€ + lacón
  • 4º clasificado: 60€ + 2 codillos

domingo, 1 de febrero de 2009

Exposición fotográfica: As flores de Chola

Dani González Laguna expón a sua obra "As flores de Chola" na cafeteria "O Lugar" de Esgos durante este mes de febreiro.

Unha pequena mostra das fotos que se poden ver na exposición son:


Non dubidedes en pasar a ver as fotos, porque vistas na parede é outra cousa...