lunes, 26 de enero de 2009

Taller de iniciación á maquillaxe persoal


A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" cumplindo co desexo das socias, comezou o sábado pasado un curso de iniciación á maquillaxe persoal no que participan unha veintena de mulleres.

O curso, que é gratuito para todas as socias, ten unha duración de 6 horas, repartidas en 3 sábados.

domingo, 25 de enero de 2009

Pechado por vacacións

A partir do luns 26 de xaneiro o telecentro permanecerá pechado por vacacións.


Desculpen as molestias.

viernes, 23 de enero de 2009

Exposición fotográfica "Esgos"

Estes dias pódese ver en Esgos, no café bar San Xoán, a exposición fotográfica "Esgos" de Dani González Laguna.

A exposición céntrase na ruta de sendeirismo "Camiño Real de San Pedro de Rocas" pero tamén hai fotos doutros rincóns de Esgos.

As fotos pódense mercar a un precio de 15 euros montadas en cartón pluma de 5 mm e tamaño 21x29 (A4).
Eiquí podedes ver unha pequena mostra das fotos que se poden ver na exposición:

Para ver o díptico da exposición consultar a web do autor: http://www.dlaguna.es/

jueves, 22 de enero de 2009

Próximamente: Taller de maquillaxe

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" pon en marcha este sábado o taller de maquillaxe solicitado polas socias.

O curso impartirase no local social de Esgos os sábados 24 e 31 de xaneiro e 7 de febrero en horario de 18:30 a 20:30 horas.

Cada unha deberá traer os utensilios de maquillaxe que teña.

As prazas son limitadas, pero ainda estás a tempo de anotarte!

lunes, 19 de enero de 2009

Exposición de fotografia

A finais do ano pasado a AAVV Rocas realizou un curso de iniciación a fotografia dixital no que participaron varios veciños.

Agora, algunhos alumnos queren mostrar o que aprenderon e da mau de Dani Gonzalez, o profesor, organizaron unha exposición fotográfica.


  • Data de comezo: 22 de xaneiro
  • Data de fin: 31 de xaneiro
  • Lugar: Cafeteria "O Lugar" en Esgos

As fotos que se poden ver na exposición son estas:

miércoles, 7 de enero de 2009

Os reis magos visitaron ós nenos de Esgos

O luns os reis magos visitaron durante o dia as casas dos nenos do concello de Esgos para deixarlles unhos caramelos e pedirlles que se deitaran cedo, porque á noite agardávalles moito traballo.



A primeira parada que fixeron foi nas oficinas do concello e dende alí partiron cara Folgoso, As Vendas, O Pinto, Laioso, Vilar, Tarreirigo, Gomariz e Lobaces.




Pola tarde, visitaron ós nenos de Esgos, A Lama, Soutelo, Casanova, Pardeconde, As Meiroas e Melón.

viernes, 2 de enero de 2009

Os reis magos visitarán o concello

O vindeiro luns dia 5, os reis magos de Oriente visitarán dende a mañá ata a tardiña, os pobos do concello de Esgos para saudar ós nenos.


Estade todos atentos e cando oiades a sirena saide da casa, porque queren visitar o maior número de pobos e como á noite teñen moito traballo non poden pararse moito.

Debido á visita dos reis, o telecentro permanecerá pechado o luns.

Feliz dia de reis !