viernes, 22 de agosto de 2008

Festa do emigrante 2008

Onte a partir das 20.00 horas celebrouse a "Festa do emigrante" na praza da Souteira, coa axuda dunha treintena de voluntarios.
Como ven sendo costume o pan e a bebida corrían por conta do concello e os comensales tiñan que pagar o pulpo.
Coincidindo coa festa do emigrante tamén se celebrou a terceira edición da festa do arroz con leite, na que se repartiron 800 racións deste doce.



Cada ano acude máis xente a esta festa, que marca o inicio das festas do San Vitores.

¡Esta vez a choiva respetounos ata o final!

Eiqúí deixo algunhas fotos máis, pero a verdade é que non son de moi boa calidade.







lunes, 18 de agosto de 2008

Festas de Esgos: San Vitores 2008


Xa estamos na semana das festas de Esgos na honra de San Vitores, así que hai que ir collendo forzas...

Para que vaiades mirando o que máis vos interesa eiquí vos deixo o programa das festas.
Son moitos días, pero non vos asustedes...
Está de máis dicir que vos animedes a participar ¿non?

Xoves 21

20:00 Festa do Emigrante
Actuación da charanga "Amigos da Banda de Música de Celanova"
Actuación da Escola de Samba "Zumbón"
3ª Festa do arroz con leite


Venres 22

11:30 a 13:30 Concurso de debuxo infantil
17:30 Xogos Infantís Galiocio
00:30 Festival de Música e Festa do Licor Café

Sábado 23

10:00 Pasarrúas amenizado polo grupo de gaitas "San Lorenzo"
12:00 Yinkana ciclista na Souteira
18:00 Campionato local de natación (25, 50, 100 m)
20:00 Actuación infantil Laxas de Seixo
00:30 Gran verbena amenizada pola orquestra "Jocker"

Domingo 24
10:00 Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Esgos
12:00 Procesión e Misa Solemne cantada por unha Coral Polifónica
18:00 Partido de futbol solteiros-casados no Campo de Rocas
20:00 Actuación infantil
21:30 Festa e verbena a cargo da orquestra "Nova Palma"

Luns 25

10:00 Pasarrúas amenizado polo grupo de gaitas "Airiños de Caldelas"
18:00 Actuación infantil do grupo "Pirinoliñas"
20:00 "GUERRA" do pastel coa colaboración da "Confiteria Milhojas" na zona da Fonte de Saa
21:15 Festa e verbena amenizada pola orquestra "La Oca" (un ano máis)
03:00 Chocolatada e bica de Panadería Agustín por xentileza da Comisión 08

Martes 26
12:00 Procesión e Misa Solemne na Honra de San Vitores coa actuación da Banda de Música de Celanova

¡¡ BOAS FESTAS A TODOS !!

martes, 12 de agosto de 2008

III Concurso de Fotografia do Portal de Telecentros

Xa está en marcha o "III Concurso de Fotografía del Portal Telecentros" que este ano busca sensibilizar sobre o consumo responsable e a importancia da agua a través de fotografias captadas durante este verán.

O tema da fotografía buscará sensibilizar sobre a importancia da auga e o seu consumo responsable como elemento imprescindible para a vida.

Poden participar todos os usuarios de Telecentros enviando un máximo de tres fotografías ata o 30 de setembro a sugerencias_telecentros@red.es co asunto "Concurso de fotografía" e os datos de contacto. Os premios para os gañadores son: unha cámara de fotos digital, unha consola PSP de Sony e un reproductor MP3.

Toda a información pódese atopar eiquí

lunes, 11 de agosto de 2008

X Feira agro ambiental do Pinto

O pasado sábado celebrouse a décima edición da Feira agro ambiental de O Pinto.
Este ano había moitos e variados postos: unha "minigranxa" con ovellas, porcos celtas, cabalos e galos, un posto de prantas, outro de adornos para xardíns, de roupa, tractores, un taxidermista, o de camisetas para a festa do San Vitores, unha exposición de materiais de construcción do principios do século pasado, etc.

Como xa é habitual os veciños dos pobos fixeron cestas coas verduras das súas hortas e como este ano non hai moita cousa, algunhos fixeron "trampa" e adornaron as suas ata con pementos roxos.

Ás 12.30, despois de que actuara a banda de gaitas do concello, comezou a comida, cunha degustación de callos. Para os que quedaron a comer había pulpo e churrasco.


Feira Pinto
View SlideShare presentation

viernes, 8 de agosto de 2008

Aerobic

Como xa vos adiantei noutro post este verán en Esgos estamos moi deportistas...

En Vilar acordaron a pagarse eles mesmos, fora da asociación, unhas clases de aerobic. Ó redor de 30 persoas acuden a clase os martes e xoves de 21.00 a 22.00 horas, a maioría mulleres, de todas as idades.
Así da gusto... que éxito de participación!


En Esgos, as clases de aerobic son os luns e mércores de 20.00 a 21.00 horas e ainda que son gratis acude menos xente ca en Vilar.

sábado, 2 de agosto de 2008

Cea fin de curso

Esta semana rematamos o curso de firma dixital e comercio electrónico que comezaramos no mes de xuño.
Para celebralo organizamos unha cea este venres na casa de Paco, un dos alumnos, porque os diplomas ainda se van a retrasar un pouco. Aínda que non puideron asistir todos os alumnos eramos un grupiño xeitoso. Os encargados da parrilla foron Paco, Antón e Jorge; e hai que decir que a carne estaba no punto.
Do postre encargáronse Teresa e Natalia, que fixeron flan e chulas.
Estaba todo boísimo.



Despois da cea, algunhos quixeron seguir a festa un pouco máis e achegáronse ata as festas de Pardeconde.

viernes, 1 de agosto de 2008

Cine Caixanova en Esgos

Onte pola noite, ás 22.30 horas houbo cine en Esgos. Como o día estivo chuvioso a película Bee Movie proxectouse no centro social.



Asistiu público de todas as idades.