viernes, 23 de mayo de 2008

II Subida Rocas - O Eirado

O próximo día 8 de xuño celebrarase a 2ª Subida Rocas – O Eirado.
  • Distancia: Carreira: 14 km . Andaina: 24 km
  • Hora de saída: A saida das probas será diante da Casa do Concello en Esgos: A andaina comezará as 9:30 h e a carreira as 10:30 h.
  • Remate da proba: A carreira rematará en O Eirado e haberá un autobús a disposición dos corredores para baixar ata Esgos. A Andaina remata en Esgos no mesmo punto da saída. O remate das probas haberá unhos pinchos para repor forzas na Praza da Souteira.
  • Prazo de inscricción: O prazo de inscricción remata o mercores 4 de xuño, aínda que a xente que o desexe poderá inscribirse ata o memo día da proba (sempre que haxa dorsais disponibles).

Toda a información sobre a andaina-carreira está publicada na páxina do concello http://www.concelloesgos.com/ onde tamén se poden realizar as inscripcións.

sábado, 17 de mayo de 2008

Repostería e gymkhana do día do internet

  • Repostería do día de internet
Hoxe sábado pola tarde celebramos o día de internet cunha dulce "merenda". Cada participante tiña que traer un postre con forma ou decorado que tivera algo que ver coas novas tecnoloxías.

Xuntaronse varios "reposteiros" que elaboraron entre outras cousas: bica con forma de rato, arroz con leite cunha @ de canela, tarta de mazá, tarta de queixo, filloas con @ de chocolate e nata, etc. Tampouco podía faltar o café e o chocolate...

Cada "reposteiro" recibíu como recordo unha pequena tarteira de barro.

O telecentro permaneceu aberto mentres durou a merenda e por eso algunhos non perderon a ocasión de botar unha partida e chatear.






  • Gymkhana do telecentro de Esgos

O gañador da gymkhana do telecentro foi Alejandro, máis coñecido como Alex, que recibirá o seu agasallo na próxima visita ó telecentro.

jueves, 15 de mayo de 2008

Gymkhana do telecentro de Esgos


Aquí van as preguntas da Gymkhana do Día de Internet, que organiza o Telecentro de Esgos.

  1. ¿Cal é a orixe da letra ñ?


  2. ¿Cal é a décima montaña máis alta do mundo? ¿Canto mide?


  3. ¿Qué símbolo ten a bandeira de Marrocos no centro?


  4. ¿A quen se adicou o "Dia das letras Galegas" no ano 1995?


  5. ¿Que español obtivo unha medalla en natación nos Xogos Olímpicos do ano en que naceu o golfista Sergio García?

Envía un email coas respostas ás preguntas e a dirección web onde atopaches cada unha, á dirección esgostelecentro@gmail.com con asunto Gymkhana.

Lembra que o primeiro que máis respostas correctas envíe será o gañador, e que ten que ser usuario do noso telecentro.

viernes, 9 de mayo de 2008

17 de maio: Día de Internet e Día das Letras Galegas

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a Xosé María Álvarez Blázquez, poeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo..
Para máis información visitar a web http://17demaio.org/
Pero o 17 de maio tamén se celebra o Día de Internet e por eso dende o telecentro queremos animarvos a celebralo con nós con varias actividades.
  • TRIVIAL SOBRE ESGOS
Contesta ás preguntas que aparecen neste trivial e demostra o que sabes sobre o concello.
Pincha no seguinte enlace para acceder ás preguntas:
TRIVIAL SOBRE ESGOS
  • REPOSTERIA DO DIA DE INTERNET
Só terás que elaborar un postre con algún detalle que teña que ver coas novas tecnoloxías (ordenador, teclado, rato, cd, etc) e traelo ó telecentro o sábado 17 ás 16:00 horas.

  • GYMKHANA DO TELECENTRO DE ESGOS

Contesta ás preguntas que se publicarán neste blog o xoves 15 ás 7 da tarde, buscando en internet, e envía as respostas co enlace á páxina web onde atopaches a solución, ó correo electrónico esgostelecentro@gmail.com. O primerio que envíe todas as respostas correctas coa dirección web correspondiente, recibirá un pequeno agasallo que lle será moi útil nas vindeiras visitas ó telecentro.
O prazo para recibir as respostas remata o sábado 17 ás 6 da tarde.
Para poder participar na Gymkana tes que ser usuario do telecentro de Esgos.

  • XOGOS DE RED.ES

Na páxina http://www.centrosavanzadostic.es/internet08/ podedes atopar unhos divertidos xogos para nenos de todas as idades. Son moi divertidos e tamén poden xogar os máis maiores.

Gymkhana web de telecentros

O portal de telecentros organiza para celebrar o Día de Internet, unha nova Ghymkhana web, na que haberá que contestar a 15 preguntas. Este año as preguntas publicaranse de cinco en cinco, durante tres días, do 12 ó 14 de maio.

Poderás gañar un portatil, unha consola ou un reproductor mp3 si contestas correctamente, entre os tres primeros, ás preguntas da Gymkhana.

Máis información en http://www.telecentros.es/

miércoles, 7 de mayo de 2008

Tai chi

As mulleres están a punto de rematar o curso de Tai chi que comezaron alá polo mes de outubro. Os luns e os mércores teñen unha cita co deporte de 20:00 a 21:00.

Esta actividade forma parte das organizadas pola "Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños", que se ven repetindo dende fai unhos anos debido ó interese mostrado polas asistentes.