lunes, 31 de marzo de 2008

Suxerencias

Dende o concello e as asociacións seguro que agradecen que os veciños lles conten que tipo de actividades, cursos, talleres... lles gustaría facer.
Con esa intención abro esta entrada, para que comentedes o que realmente vos interesa.

lunes, 24 de marzo de 2008

Clases de bailes latinos

Hola,
A Asociación de Veciños Rocas e a Asociación Rezomilo de Vilar puxeron en marcha con moito éxito de participación, un curso de bailes latinos que se prolongará durante tres meses.

As clases son os martes e os xoves de 21:15 a 22:00 e teñen un custo de 5 euros mensuais. Os primeiros días acudiron moitas mozas e mulleres, pero co paso dos días, vánse animando os homes.


jueves, 13 de marzo de 2008

Nova convocatoria de axudas para mercar ordenadores

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para fomentar o uso das novas tecnoloxías da información e comunicación polos alumnos e alumnas e polas familias, convoca unhas novas axudas para a adquisición dun ordenador personal, portatil ou de sobremesa.

¿Para quen son?
  • Para as familias con menos recursos e que non tiveran concedida unha axuda nas convocatorias anteriores. Os ingresos familiares anuais non poden superar os 25.000 euros, unha vez calculados segundo establece o artigo 5.2. da orde de convocatoria.
  • Para o alumnado que estea matriculado en centros sostidos con fondos públicos nalgún dos cursos de educación primaria ou da ESO.

¿Onde solicitalas?

  • Cubrir a solicitude na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasord, imprimilos e asinalos.
  • Levar o anexo I ó centro educativo co fin de que certifique en que curso está matriculado o alumno ou alumna.

¿Cal é o prazo para presentar as solicitudes ?

  • O prazo vai dende o 11 de marzo ó 10 de abril de 2008

Características das axudas

  • Axuda única de 300 euros por familia

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasord, no telecentro ou no concello.

martes, 11 de marzo de 2008

Cea do Dia Internacional da muller traballadora

O sábado 8 de marzo as mulleres do concello celebraron o dia internacional da muller traballadora cunha cea no restaurante Alto do Couso organizada pola asociación de mulleres rurais "Os Picotiños", coa colaboración das traballadoras do concello. As socias pagaron 15 euros, mentres que as non socias tiveron que abonar 20 euros.
Asistiron ó redor de 60 mulleres de todas as idades, que cearon e bailaron ata as 2:30 da mañá.




Esperemos que para o ano se anime máis xente.